Torre do Monte

construción civil na Pedreira, Padrón

A torre do Monte é un pazo situado no lugar da Pedreira, parroquia de Padrón, no concello de Padrón, de titularidade privada.[2][3] Foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 1994.[4]

Torre do Monte
ConcelloPadrón
ProvinciaProvincia da Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°44′36″N 8°39′48″O / 42.743277777778, -8.66347222222228°39′48″O / 42.743277777778, -8.6634722222222
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal( s. XIV e XV )
Estilo actual( s. XVIII )
Estado actualRehabilitado [1]
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Descrición

Erixido a finais do século XIV e comezos do século XV pola familia fidalga dos Romay.[5] Conta cunha torre defensiva,[6] construción de cantaría de granito, cheminea monumental,[7] unha escalinata barroca na fachada principal e solaina orientada ó sur.[6] A capela do pazo está dedicada a San Miguel.[7]

Orillas del Sar

De la obscura Trabanca tras la espesa arboleda,
Gallardamente arranca al pie de la vereda
La Torre y sus contornos cubiertos de follaje,
Prestando a la mirada descanso en su ramaje.

Rosalía, En las orillas del Sar, 1884.

Rosalía de Castro menciona a torre no poemario En las orillas del Sar (1884), no pazo consérvase o manuscrito orixinal de Os dous de sempre (1934), de Castelao[1] e alberga unha colección pictórica de pintores galegos dos séculos XIX e XX.[8]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas