Copa das Nacións de Montreux

(Redirección desde «Torneo das Nacións de Montreux»)

A Copa das Nacións (en francés Coupe des Nations de Montreux) é un torneo internacional de hóckey a patíns organizado polo Montreux Hockey Club con carácter bienal no período pascual. É recoñecido pola FIRS e polo CIRH e é considerado de moi alto valor para as seleccións e os clubs que participan nel. Creada en 1921, a Copa das Nacións é a competición de hóckey a patíns máis antiga do mundo.[1]

Modelo:Competición deportivaCopa das Nacións de Montreux
Imaxe
Tipocompetición deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
OrganizadorMontreux Hockey Club Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísSuíza Editar o valor em Wikidata
Vixencia1921 – Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia2 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialcoupedesnations.ch Editar o valor em Wikidata

Historia

En 1921 o Montreux Hockey Club, o club máis antigo de hóckey a patíns suízo,[2] decidiu organizar un torneo no período de Pascua, chamándoo Torneo de Pascua, gañando as dúas primeiras edicións o club anfitrión. Recoñecido pola FIRS e a CIRH, os dous máximos organismos internacionais do hóckey a patíns. En 1923 é convidada a selección de Inglaterra, comezando a presenza de seleccións nacionais no Torneo. En 1924 e 1925, a participación de moitas delegacións nacionais permitiu ao torneo de Pascua converterse nun Campionato de Europa non oficial, polo que foi rebautizado como Copa das Nacións. En 1924, durante o desenvolvemento da cuarta edición do torneo, fúndase a Fédération Internationale de Patinage a Roulettes (FIPR), hoxe FIRS.[3][4]

Sucesivamente vén sendo chamado Copa das Nacións, Torneo de Montreux e foi denominado en 2 edicións Campionatos Mundiais (1939, 1948 e tamén Campionato de Europa), en 3 edicións oficialmente (1927, 1929, 1931) e en 2 edicións non oficialmente (1924, 1925) como Campionato de Europa. Dende 1949 a denominación é “Copa das Nacións” e Torneo Internacional, coa participación de equipos dos cinco continentes e está incluída no calendario anual mundial. Dende 1995 dispútase en anos alternos (coincidindo nos anos impares).

En 2003 créase o Challenge Marcel Monney, que se outorga ao equipo que sexa capaz de gañar tres edicións consecutivas ou cinco non consecutivas da competición. No 2007 este recoñecemento foi entregado á selección española logo de gañar tres edicións consecutivas (2003, 2005 e 2007), e en 2013 á selección de Portugal (2009, 2011 e 2013).[1][5]

Campións

A seguinte támoa amosa todos os campións da Copa das Nacións de Montreux dende a primeira edición da competición:[6]

Ed.AnoCampiónFinalistaNome da competición
I
1921 Montreux Hockey Club Stoccarda RCTorneo de Pascua
II
1922 Montreux Hockey Club Paris HCTorneo de Pascua
III
1923 Inglaterra Montreux Hockey ClubTorneo de Pascua
IV
1924 Inglaterra SuízaCopa de Europa non oficial
V
1925 Inglaterra SuízaCopa de Europa non oficial
VI
1926 Stade Bordéus Montreux Hockey ClubTorneo de Montreux
VII
1927 Inglaterra FranciaCopa de Europa
VIII
1929 Inglaterra ItaliaCopa de Europa
IX
1930 Faversham Stade BordéusTorneo de Montreux
X
1931 Inglaterra FranciaCopa de Europa
XI
1932 Herne Bay Stoccarda RCCopa das Nacións
XII
1933 Stoccarda RC Montreux Hockey ClubTorneo de Montreux
XIII
1934 Montreux Hockey Club Stoccarda RCTorneo de Montreux
XIV
1935 Italia (Juniores) Montreux Hockey ClubTorneo de Montreux
XV
1935 Montreux Hockey Club LyonTorneo de Pascua
XVI
1937 Alemaña Italia JúniorCopa das Nacións
XVII
1938 Herne Bay Italia NorteCopa das Nacións
XVIII
1939 Inglaterra ItaliaCopa do Mundo
XIX
1941 Montreux Hockey Club Lyon HCTorneo de Pascua
XX
1946 HC Monza LisboaCopa das Nacións
XXI
1947 Lisboa Herne BayCopa das Nacións
XXII
1948 Portugal InglaterraCopa do Mundo
XXIII
1949 Portugal RCD EspanyolCopa das Nacións
XXIV
1950 Inglaterra PortugalCopa das Nacións
XXV
1951 Bélxica Montreux Hockey ClubCopa das Nacións
XXVI
1952 España PortugalCopa das Nacións
XXVII
1953 RCD Espanyol [7] PortugalCopa das Nacións
XXVIII
1954 Portugal Montreux Hockey ClubCopa das Nacións
XXIX
1955 Portugal EspañaCopa das Nacións
XXX
1956 Portugal EspañaCopa das Nacións
XXXI
1957 España PortugalCopa das Nacións
XXXII
1958 / Lourenço Marques EspañaCopa das Nacións
XXXIII
1959 España PortugalCopa das Nacións
XXXIV
1960 España PortugalCopa das Nacións
XXXV
1961 CP Voltregà SL BenficaCopa das Nacións
XXXVI
1962 SL Benfica HC MonzaCopa das Nacións
XXXVII
1963 Portugal EspañaCopa das Nacións
XXXVIII
1964 España Montreux Hockey ClubCopa das Nacións
XXXIX
1965 Portugal EspañaCopa das Nacións
XL
1967 España Montreux Hockey ClubCopa das Nacións
XLI
1968 Portugal EspañaCopa das Nacións
XLII
1970 Portugal CP VoltregàCopa das Nacións
XLIII
1971 España LisboaCopa das Nacións
XLIV
1973 Portugal EspañaCopa das Nacións
XLV
1975 España PortugalCopa das Nacións
XLVI
1976 España PortugalCopa das Nacións
XLVII
1978 España PortugalCopa das Nacións
XLVIII
1980 España ArxentinaCopa das Nacións
XLIX
1982 Italia ArxentinaCopa das Nacións
L
1984 Portugal Reus DeportiuCopa das Nacións
LI
1987 Portugal ArxentinaCopa das Nacións
LII
1989 Arxentina NovaraCopa das Nacións
LIII
1991 España PortugalCopa das Nacións
LIV
1993 Arxentina Roller MonzaCopa das Nacións
LV
1994 Portugal ItaliaCopa das Nacións
LVI
1995 FC Barcelona PortugalCopa das Nacións
LVII
1997 Portugal EspañaCopa das Nacións
LVIII
1999 España PortugalCopa das Nacións
LIX
2001 España PortugalCopa das Nacións
LX
2003 España PortugalCopa das Nacións
LXI
2005 España PortugalCopa das Nacións
XLII
2007 España PortugalCopa das Nacións
LXIII
2009 Portugal EspañaCopa das Nacións
LXIV
2011 Portugal EspañaCopa das Nacións
LXV
2013 Portugal EspañaCopa das Nacións
LXVI
2015 Portugal EspañaCopa das Nacións
LXVII
2017 Arxentina PortugalCopa das Nacións
LXVIII
2019 Portugal ArxentinaCopa das Nacións

Número de campionatos por países/clubs

EquipoTítulos
Portugal19
España17
Inglaterra8
Montreux Hockey Club5
Arxentina3
Herne Bay2
EquipoTítulos
Italia2
Alemaña1
FC Barcelona1
SL Benfica1
Stade Bordeaux1
Faversham1
Lisboa1
EquipoTítulos
/ Lourenço Marques1
HC Monza1
Stoccarda RC1
CP Voltregà1
Bélxica1
RCD Espanyol1

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas