Tom Hanks

actor estadounidense

Thomas Jeffrey "Tom" Hanks, nado o 9 de xullo de 1956 en Concord (California) é un actor estadounidense gañador dos Premios Óscar e do Globo de Ouro, considerado un dos máis versátiles e talentosos do cine.

Infotaula de personaTom Hanks

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Thomas Jeffrey Hanks Editar o valor em Wikidata
9 de xullo de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Concord, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles
Oakland Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Grecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo e Igrexa Ortodoxa Grega Editar o valor em Wikidata
EducaciónChabot College (en) Traducir - teatro
Skyline High School (en) Traducir
Universidade estatal da Califórnia em Sacramento (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura183 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , presentador de televisión , actor , produtor de televisión , produtor delegado , actor de teatro , voiceover artiste (en) Traducir , humorista , escritor de contos , director de televisión , actor de xénero , produtor de cinema , director de cinema , actor de televisión , escritor , guionista , actor de dobraxe , compositor , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoComedia e melodrama Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado390 M$ Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRita Wilson (1988–)
Samantha Lewes (1978–1987)
FillosColin Hanks
 () Samantha Lewes
Chet Hanks
 () Rita Wilson
Elizabeth Hanks
 () Samantha Lewes
Truman Theodore
 () Rita Wilson Editar o valor em Wikidata
PaisAmos Mefford Hanks (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Janet Marylyn Frager (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJim Hanks (pt) Traducir e Larry Hanks (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGage Hanks (en) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000158 Allocine: 14100 Rottentomatoes: celebrity/tom_hanks Allmovie: p93341 TCM: 80532%7C0 Metacritic: person/tom-hanks TV.com: people/tom-hanks IBDB: 493579
Facebook: TomHanks Twitter: tomhanks Instagram: tomhanks MySpace: tomhanks BNE: XX953130 Dialnet: 4059541 Souncloud: tom-hanks-official Spotify: 3OCGqx0Y3UyrBnyzjIokIr iTunes: 2672649 Last fm: Tom+Hanks Musicbrainz: 065d44ce-48cf-4b1c-85ad-555d0345ba6e Songkick: 749901 Discogs: 290616 Allmusic: mn0000608649 WikiTree: Hanks-1171 Deezer: 193420 Genius: Tom-hanks Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Os seus pais divorciáronse cando tiña apenas cinco anos. Viviu co seu pai, que era cociñeiro, e que cambiaba constantemente de lugar de traballo e de parella. Por iso é polo que Hanks viviu en diferentes cidades e estados do país, ata que se asentou en Oakland (California).

Tom Hanks comezou a actuar en obras teatrais no instituto e posteriormente na universidade de Sacramento. Pouco despois trasladouse a Nova York, onde coñeceu á que sería a súa esposa, a actriz teatral Samantha Lewes. A voda levarona a cabo en 1978, pero tras uns anos de matrimonio, nos que tiveron dous fillos, divorciáronse en 1985.

A primeira película de Tom Hanks foi o filme de terror Hei knows you're alone, en 1980.Posteriormente encasillouse durante uns anos no xénero da comedia. A popularidade chegoulle cando apareceu na película 1, 2, 3... Splash, de 1984, á beira de Daryl Hannah.

En 1988 Hanks contraeu matrimonio por segunda vez, coa actriz Rita Wilson, á que coñeceu na rodaxe da película Volunteers (1985), e con quen tivo outros dous fillos. Con Forrest Gump acadou a fama e converteuse nun dos actores máis solicitados dos últimos anos.

Tom Hanks gañou dous Oscar por Filadelfia (1993) e por Forrest Gump (1994), e foi nomeado noutras tres ocasións por Big (1988), Saving Private Ryan (1998) e Cast Away (2000). Tamén conseguiu catro Globos de Ouro e dous nomeamentos adicionais a este premio.

Logo de realizar algúns episodios de series televisivas como Talles from the Crypt, Tom Hanks debutou en 1996 como director de longametraxes con That Thing You Do!.

Filmografía destacada

Como actor

Como director

Como produtor

Premios

AnoCategoríaPelículaResultado
2000Óscar ó mellor actorCast AwayCandidato
1998Óscar ó mellor actorSaving Private RyanCandidato
1994Óscar ó mellor actorForrest GumpGañador
1993Óscar ó mellor actorFiladelfiaGañador
1988Oscar ó mellor actorBigCandidato
AnoCategoríaPelículaResultado
2000Globo de Ouro ó mellor actor - DramaCast AwayGañador
1998Globo de Ouro ó mellor actor - DramaSaving Private RyanCandidato
1994Globo de Ouro ó mellor actor - DramaForrest GumpGañador
1993Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalAlgo para recordarCandidato
1993Globo de Ouro ó mellor actor - DramaFiladelfiaGañador
1988Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalBigGañador
AnoCategoríaSerieResultado
2002Mellor miniserieBand of BrothersGañador
Mellor dirección nunha miniserie, telefilme ou especial dramáticoBand of Brothers{Gañador