Tom Brokaw

Thomas John Brokaw (|ˈbroʊkɔː|), nado en Webster (Dacota do Sur) o 6 de febreiro de 1940[1] é un xornalista televisivo e escritor estadounidense. Foi o presentador e editor xefe de NBC Nightly News durante 22 anos (1982–2004).[2] É a única persoa que presentou os tres programas principais de NBC News: The Today Show, NBC Nightly News, e, brevemente, Meet the Press. Continúa a traballar como correspondente especial para NBC News e tamén en documentais.[3]

Infotaula de personaTom Brokaw

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Webster, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Iowa
Universidade da Dakota do Sul (pt) Traducir
Yankton High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTelevision journalism (en) Traducir, television broadcasting of news (en) Traducir e xornalismo de opinión Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , xornalista de televisión , escritor , presentador de novas , xornalista de opinión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor em Wikidata - 2021 Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0111232 TV.com: people/tom-brokaw
Facebook: tombrokawbooks Twitter: tombrokaw Discogs: 2067065 WikiTree: Brokaw-190 Editar o valor em Wikidata

Xunto cos seus competidores Peter Jennings de ABC News e Dan Rather de CBS News, Brokaw foi un dos "Big Three" ("tres grandes") presentadores dos Estados Unidos durante as décadas de 1980, 1990 e principios de 2000. Os tres presentaron os seus programas bandeira de novas durante máis de vinte anos, e os tres comezaron e retiráronse (ou no caso de Jenning, morreu) cun ano de diferenza.[4]

Brokaw tamén escribiu tamén escribiu varios libro sobre historia e sociedade dos Estados Unidos no século XX. É o autor de The Greatest Generation (1998) e outras obras que recibiron numerosos premios.

Vida persoal

Dende 1962, Brokaw está casado coa escritora Lynn Auld.[5] Teñen tres fillas, Jennifer, Andrea e Sarah.[6] Brokaw e a súa esposa pasan moito tempo no seu rancho próximo a Livingston, Montana, que compraron en 1989.[7][8]

O 6 de setembro de 2012, Brokaw foi hospitalizado tras aparecer no programa de MSNBC Morning Joe. Posteriormente chiou que estaba "todo ben" e explicou a súa doenza por tomar accidentalmente media dose de Ambien pola mañá.[9] Foi diagnosticado con mieloma múltiple en agosto de 2013 na Clínica Mayo.[10] Brokaw e os seus médicos están "moi animados co seu progreso".[11] Continuou a traballar para a NBC durante os seus tratamentos. O 21 de decembro de 2014, Brokaw anunciou que o seu cancro remitira completamente.[12][13][14]

En 2018, Brokaw foi acusado de insinuacións sexuais non desexadas por tres mulleres, unha en 1968 e dúas na década de 1990.[15][16][17] Brokaw negou as acusacións.[18][19] En resposta ás acusacións, as súas antigas colegas Rachel Maddow, Andrea Mitchell, Maria Shriver, Kelly O'Donnell e outras 64, asinaron unha carta en que describían a Brokaw como "un home de tremenda decencia e integridade".[20][21]

Carreira

  • 1960–1962: Presentador das novas, do tempo e de anuncios de KTIV-TV
  • 1962–1965: Reporteiro de KMTV-TV
  • 1965: Presentador das novas da noite de WSB-TV[22]
  • Dende 1966: NBC News
    • 1966–1972: Correspondente de NBC News West Coast e presentador de KNBC[22]
    • 1973–1976: Correspondente na Casa Branca e presentador dos sábados de NBC Nightly News[22]
    • 1976–1981: Presentador de Today Show[22]
    • 1982–1983: Copresentador de NBC Nightly News[22]
    • 1983–2004: Presentador de NBC Nightly News[22]
    • Dende 2004: Correspondente especial[22]
    • Dende 2004: Presentador contribuínte
    • 2008: Moderador de Meet the Press[22]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas