Tirso Lorenzo Rodríguez
Tirso Lorenzo Rodríguez, nado en Tui o 15 de febreiro de 1877 e finado en Buenos Aires o 12 de xullo de 1943, foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1877 ![]() Tui, España ![]() |
Morte | 12 de xullo de 1943 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia | |
Irmáns | Venancio Lorenzo ![]() |
Traxectoria
Fillo do perito agrónomo Manuel Lorenzo Rodríguez e irmán de Venancio Lorenzo Rodríguez. Estudou a carreira sacerdotal que interrompeu en 1893. Emigrou á Arxentina, onde traballou como xornalista, fundou o diario El Heraldo, na localidade bonaerense de Lincoln. Colaborou nos periódicos de Bos Aires La Nación, Caras y Caretas, El Hogar, El Eco de Galicia e Mundo Argentino, onde sobresaíu como crítico literario. Presidente da primeira Casa de Galicia, ao estalar a guerra civil española incorporouse á causa republicana, responsabilizándose do Centro Republicano Español, do Ateneo Pi y Margall e da dirección de España Republicana. Neste periódico redactou a sección fixa "Fuego graneado", dende a que destacou como defensor da democracia española.
Obras
- Antología de motivos poéticos, 1928.
- El celibato del doctor Adonis, 1932.
- Nuevos horizontes del idioma, 1936.