Tiro deportivo
O tiro deportivo é un deporte que implica poñer a proba a precisión e concentración no manexo dunha arma de fogo ou de aire comprimido.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/86/Hattie_Johnson_2.jpg/200px-Hattie_Johnson_2.jpg)
Todas as súas normas réxense de acordo coa Federación Internacional de Tiro Deportivo, (en inglés, International Shooting Sport Federation, ISSF), organismo internacional con sede en Alemaña, que é a organización que dirixe o tiro deportivo a nivel internacional, e é a encargada de celebrar periodicamente competicións e eventos en cada unha das súas disciplinas.
A práctica deste deporte require formación e disciplina, sendo esencial o uso dun equipo de protección persoal (PPE) (lentes protectoras e protector auditivo).
Tiro olímpico
- Artigo principal: Tiro nos Xogos Olímpicos.
O programa olímpico de tiro deportivo consta de 15 competicións diferentes: 9 para homes (M = masculino) e 6 para mulleres (F = feminino), en tres disciplinas diferentes, son cinco eventos de tiro con carabinas, cinco con pistolas e cinco para tiro ao prato con escopeta.
O programa olímpico cambiou para os Xogos Olímpicos de Pekín 2008, e o número de eventos de tiro pasou de 17 a 15. A pesar da redución, houbo maior participación, 390 tiradores procedentes de máis de 100 países participaron nesa edición dos XX.OO.[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Pierre Lagrue (2013): Le Siècle olympique. Les Jeux et l'Histoire (Athènes, 1896-Londres, 2012). París: Encyclopaedia Universalis. ISBN 978-2-8522-9117-1. (Ler en liña).
Outros artigos
- Tiro olímpico
- Tiro con arco
- Tiro ao prato
- Tálero de tiro
Ligazóns externas
- Real Federación Española de Tiro Olímpico
- International Shooting Sport Federation (ISSF)
- International Practical Shooting Confederation
- http://www.mlaic.org/
- Web oficial de Jorge Llames Arquivado 06 de maio de 2021 en Wayback Machine., campión español na modalidade olímpica de pistola de velocidade.
![]() | Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |