Tigre de Bengala

O tigre de Bengala (Panthera tigris tigris) é a subespecie de tigre máis numerosa de Asia. A súa poboación estimouse en menos de 2 500 exemplares no ano 2011. Dende 2008, está clasificado como "en perigo" segundo a Lista Vermella da IUCN e está ameazado pola caza furtiva, destrución e fragmentación do seu hábitat. Ningunha das Zonas de Conservación do Tigre está considerada grande de abondo para manter unha poboación efectiva de máis de 250 exemplares adultos.[1]

Tigre de Bengala
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1][2]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Carnivora
Familia:Felidae
Xénero:Panthera
Especie:P. tigris
Subespecie:P. t. tigris
Linnaeus, 1758

Sinonimia
  • P. t. fluviatilis
  • P. t. montanus
  • P. t. regalis
  • P. t. striatus

O tigre chegou ó subcontinente indio hai uns 12 000 anos.[3] A poboación de tigre na India estimouse en 1 706–1 909 exemplares en 2010.[4] En 2014, a poboación recuperouse levemente chegando a 2 226 exemplare.[5] Estímase que hai uns 440 tigres en Bangladesh, 163–253 no Nepal e 103 en Bután.[6][7][8][9]

O tigre de Bengala está entre os meirandes félidos vivos.[10][11] Por iso está considerado como parte da megafauna carismática do mundo.[12]É o animal nacional da India e de Bangladesh.[13]

Notas