Tierra Gallega (A Coruña)

Tierra Gallega foi un periódico editado na Coruña entre 1903 e 1917. Tivo unha segunda etapa en 1933.

Tierra Gallega
Fundación1 de setembro de 1903 e 25 de xaneiro de 1933
Lingualingua castelá
LocalidadeA Coruña
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

Diario republicano que apareceu o 1 de setembro de 1903[1], órgano do partido republicano da Coruña continuador de El Combate[2] e portavoz do republicanismo en Galicia.[3] Foron os seus directores Eladio Fernández Diéguez e Adolfo Lahorra (1910[4]-1914[5]). Antonio Carballo Tenorio foi un dos redactores e entre os seus colaboradores figuraron Leandro Carré Alvarellos (co pseudónimo "L. de S.") e Antón Villar Ponte.

En 1914 Santiago Casares Quiroga asumiu a dirección do periódico, que defendeu o autonomismo galego, renegando do vello federalismo. Mantivo unha liña neutral ante o conflito da primeira guerra mundial, o que provocou un enfrontamento cos partidarios de que o periódico apoiase os aliados.

Segunda etapa

En 1933 a dirección da Organización Republicana Gallega Autónoma acordou editar de novo o xornal. Saíu á luz o 25 de xaneiro con Julio Wonenburger como director[6], aínda que en febreiro aparece como director Avelino López Otero[7]. Non conseguiu consolidarse e pechou o 4 de xuño dese ano.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía