Thomas Gainsborough

pintor británico

Thomas Gainsborough, nado en Sudbury (Suffolk), bautizado o 14 de maio de 1727 e finado en Londres o 2 de agosto de 1788, foi un pintor de paisaxes e retratista inglés.

Infotaula de personaThomas Gainsborough

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de maio de 1727 Editar o valor em Wikidata
Sudbury (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1788 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSt Anne's Church, Kew (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónSudbury Grammar School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bath
Londres
Ipswich (pt) Traducir
Sudbury (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , pintor de paisaxes , debuxante arquitectónico , Retratista , debuxante , gravador Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato pictórico, Arte de paisaxes e retrato Editar o valor em Wikidata
MovementoRococó Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMargaret Burr Gainsborough
FillosMargaret Gainsborough, Mary Gainsborough Fischer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJohn Gainsborough (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e NN Burroughs (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

BNE: XX969221 Musicbrainz: a363748b-0104-436f-a7a3-e4d00bf158dc Discogs: 2234846 WikiTree: Gainsborough-1 Find a Grave: 12118 Editar o valor em Wikidata

Foi académico e un dos fundadores da Royal Academy of Arts. É coñecida a súa rivalidade con Joshua Reynolds,[1] o primeiro presidente da Academia.[2] Pintaba rapidamente, e as súas obras de madureza caracterízanse por unha paleta lixeira e golpes fáciles. A pesar de ser un prolífico retratista, Gainsborough conseguiu máis satisfacción coas súas paisaxes.[3]

Traxectoria

Suffolk

O señor e a señora Andrews (1748-49), na National Gallery de Londres, é a obra máis coñecida do seu período de Suffolk

Thomas Gainsborough naceu en Sudbury, Suffolk, un extenso condado ao leste de Inglaterra. Foi o fillo máis novo de John Gainsborough, un tecedor e creador de obxectos de la, e da súa esposa Mary, irmá do reverendo Humphry Burroughs.[4] Aos trece anos de idade impresionou o seu pai coas súas habilidades co lapis, de xeito que lle permitiu ir a Londres para estudar arte en 1740. En Londres formouse primeiro co gravador francés Hubert François Gravelot,[4] mais ao final relacionouse con William Hogarth e a súa escola. Máis tarde estudou pintura con Francis Hayman, pintor de temas históricos. Axudou a Hayman na decoración dos palcos superiores nos xardíns de Vauxhall,[4] e contribuíu á decoración do que hoxe é a Fundación Thomas Coram para Nenos.

A través de Gravelot, (que fora discípulo do gran pintor francés Antoine Watteau) recibiu a influencia deste e posteriormente de artistas da escola flamenga e do pintor barroco Anton van Dyck.

En 1746, Gainsborough casou con Margaret Burr, filla ilexítima de Henry Scudamore, terceiro duque de Beaufort, que estableceu unha anualidade de duascentas libras para a parella. A obra do artista, por entón formada principalmente por pinturas de paisaxes, non se vendía moi ben. Regresou a Sudbury en 1748-1749 e concentrouse na pintura de retratos.[5]

En 1752, el e a súa familia, que agora incluía dúas fillas, Mary ("Molly", 1750–1826) e Margaret ("Peggy", 1751–1820),[6] trasladouse a Ipswich. Aumentaron as encargas de retratos persoais, mais a súa clientela estaba formada principalmente por comerciantes e cabaleiros locais. Tiña que tomar prestado da anualidade da súa esposa como garantía.[5]

Bath

Margaret Burr (1728-1797), esposa do artista, principios da década de 1770

Entre 1759 e 1774 viviu en Bath, balneario costeiro de moda, onde pintou numerosos retratos (A muller de azul) e paisaxes. En Bath viviu no número 17 de The Circus.[7] Alí estudou os retratos de van Dyck e ao final foi quen de atraer unha clientela elegante. En 1761, comezou a enviar traballos á exposición da Society of Arts en Londres e a partir de 1769 presentou obras ás exposicións anuais da Royal Academy. Seleccionou retratos de clientes ben coñecidos para chamar a atención. Estas exposicións axudárono a obter reputación nacional, e foi convidado a converterse nun dos membros fundadores da Royal Academy en 1769. A súa relación coa academia, non obstante, non foi sinxela e deixou de expor as súas pinturas alí en 1773.

Londres

O mozo azul (1770). The Huntington Library, California

En 1774, Gainsborough e a súa familia trasladáronse a Londres para vivir en Schomberg House, Pall Mall.[8][4] En 1777, de novo comezou a expor as súas pinturas na Royal Academy, incluíndo retratos de celebridades contemporáneas como o duque e a duquesa de Cumberland. Continuaron celebrándose exposicións súas durante os seguintes seis anos.

En 1780, pintou os retratos do rei Xurxo III e da raíña consorte Carlota Sofía. Despois recibiu moitas encargas reais. Isto proporcionoulle certa influencia na Academia e permitiulle impor a forma en que desexaba que se expuxese a súa obra. Con todo, en 1783, quitou as súas pinturas da seguinte exposición e levounas a Schomberg House.

En 1784 faleceu o pintor real Allan Ramsay e o rei viuse obrigado a dar o traballo ao rival de Gainsborough e presidente da Academia, Joshua Reynolds. Porén, Gainsborough continuou a ser un pintor favorito da familia real.

Nos seus últimos anos, Gainsborough pintou con frecuencia paisaxes ordinarias relativamente sinxelas. Con Richard Wilson, foi un dos creadores da escola paisaxista británica do século XVIII.

Foi o pintor favorito da aristocracia británica e logrou unha gran fortuna cos seus retratos. Morreu de cancro en Londres en 1788 aos sesenta e un anos de idade. Segundo a súa filla Peggy, as súas últimas palabras foron "van Dyck".[9] Por expreso desexo seu, foi enterrado na igrexa de St. Anne, Kew, onde a familia rezaba habitualmente. Está soterrado no mesmo lugar que o ilustrador botánico Francis Bauer. En 2011, estaba en proceso unha iniciativa para pagar os custos da restauración da súa tumba.[10]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Thomas Gainsborough’s 'Lost' Portrait of Auguste Vestri, Martin Postle
  • The Letters of Thomas Gainsborough (Paul Mellon Centre for Studies), John Hayes

Ligazóns externas