Thomas G. Melish
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de outubro de 1876![]() |
Morte | 15 de febreiro de 1948 (71 anos)![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | Universidade de Cincinnati. |
Actividade | |
Ocupación | Comerciante numismático. |
Familia | |
Cónxuxe | May Lawson McClung (1904). |
Thomas Gatch Melish, nado en Ohio o 28 de outubro de 1876 e finado en Cincinnati o 15 de febreiro de 1948, foi un home de negocios e coleccionista numismático estadounidense.
Thomas G. Melish naceu en Ohio en 1876, fillo de Sara Hiss Gatch (1854-1916) e do coronel William Bromwell Melish (1852-1927).[1][2][3]
Melish cursou estudos superiores de Dereito na Universidade de Cincinnati. Posteriormente foi socio e presidente do consello de administración durante 25 anos da Bromwell Wire Goods Company, unha empresa fundada en 1819 polo seu bisavó, Jacob Bromwell.[1]
Foi coleccionista numismático e un coñecido promotor e comercializador de moedas estadounidenses de carácter conmemorativo. Está considerado como exemplo dos abusos ao programa de emisións conmemorativas da Casa da Moeda dos Estados Unidos durante a década de 1930. Melish creou ad hoc senllas entidades —presumiblemente sen ánimo de lucro— destinadas á promoción do medio dólar conmemorativo do Centro Musical de Cincinnati e do medio dólar do Centenario de Cleveland, ambos de 1936, de cuxa comercialización se encargou e coa que acadou importantes beneficios.[1][4][5]
Melish foi membro e presidente do consello de goberno da Asociación Numismática de Cincinnati. Tamén pertenceu á American Numismatic Association, para cuxa vicepresidencia se postulou nas eleccións de 1940, mais a súa candidatura foi derrotada pola de Harvey L. Hansen.[6]
A súa colección numismática persoal foi vendida polo comerciante Abe Kosoff,[4] nunha poxa pública que tivo lugar en Indianapolis durante a convención anual da Central States Numismatic Society, entre os días 27 e 29 de abril de 1956.[6][7]
En 1904 casou con May Lawson McClung.[3]
Melish faleceu de pneumonía[6] en Cincinnati o 15 de febreiro de 1948 aos 71 anos,[2] e foi soterrado no cemiterio do condado de Hamilton, na mesma cidade.[3]