Thomas Brock

escultor e medallista británico

Thomas Brock, nado en Worcester, Inglaterra, o 1 de marzo de 1847 e finado en Londres o 22 de agosto de 1922, foi un escultor e medallista inglés, recoñecido pola creación de varias esculturas e monumentos públicos de gran tamaño en Gran Bretaña e noutros países a finais do século XIX e principios do XX.[1][2]

Infotaula de personaThomas Brock

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1847 Editar o valor em Wikidata
Worcester (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de agosto de 1922 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1868 Editar o valor em Wikidata - 1922 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

WikiTree: Brock-8193

A súa obra de máis sona é o monumento á raíña Vitoria fronte ao Palacio de Buckingham, en Londres.[2] Outras das súas encargas salientables foron o redeseño do busto de Vitoria para o anverso das moedas británicas en 1893, e a enorme estatua ecuestre de bronce de Eduardo, o Príncipe Negro, en City Square, Leeds.[3][4]

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Brock naceu o 1 de marzo de 1847 en Worcester,[2] fillo único de William Brock, pintor e decorador, e da súa esposa. Asistiu á Escola Gobernamental de Deseño de Worcester, logo do cal se formou en modelaxe na Real Fábrica de Porcelana de Worcester. En 1866 converteuse en alumno do escultor John Henry Foley e tamén se matriculou nas Escolas da Royal Academy,[5] onde gañou unha medalla de ouro de escultura en 1869.[6][7]

Carreira artística

Tivo amizade co pintor e escultor Frederic Leighton, cuxa énfase no realismo e o naturalismo na escultura levou a Brock a formar parte do movemento da Nova Escultura e a desenvolver o seu talento para o retrato simpático e realista.[4] Tras a repentina morte de Foley en 1874, Brock finalizou varias das súas encargas, entre elas o monumento a Daniel O'Connell en Dublín,[5] e unha gran estatua ecuestre de bronce de Charles Canning para Calcuta.[6][8] Foi a finalización da estatua do príncipe Alberte, iniciada por Foley para o Albert Memorial, o que deu a coñecer a Brock e asegurou a súa posición como escultor establecido.[7][9][10]

Brock foi elixido membro asociado da Royal Academy en 1883 e converteuse en membro de pleno dereito en 1891.[7] Foi tamén membro fundador e primeiro presidente da Sociedade de Escultores Británicos.[11]

Thomas Brock no seu estudio, fotografado por Ralph Winwood Robinson en 1889.[12]

Ao grupo escultórico de Brock The Moment of Peril —actualmente no xardín de Leighton House— seguiuno The Genius of Poetry ("O xenio da poesía") na fábrica de cervexa Carlsberg, de Copenhague. En 1898 expúxose na Royal Academy un modelo en xeso de Eve, cuxa versión en mármore (1900) se acha na colección da Tate, e Brock tamén fundiu algunhas réplicas en bronce máis pequenas e outras obras imaxinativas que marcan a súa evolución.[13] Entre as súas obras de retrato figuran bustos, como os de Frederic Leighton e a raíña Vitoria; estatuas, como as de Richard Owen e Henry Philpott, bispo de Worcester; e monumentos sepulcrais, como o de Frederic Leighton na catedral de San Paulo, de Londres.[1][7][11]

Brock fixo estatuas e medallas de Vitoria para celebrar o seu Xubileu de Ouro —os 50 anos de reinado— e o de Diamante —os 60 anos—, e tamén deseñou a representación da efixie desta monarca coñecida como "cabeza velada" ou "cabeza viúva", utilizada en todas as moedas británicas de ouro, de prata e de bronce entre 1893 e 1901.[11][14]

En 1901, Brock recibiu a encarga de realizar unha colosal estatua ecuestre de Eduardo, de Woodstock, para a praza da cidade de Leeds. Ese mesmo ano recibiu tamén a que quizais sexa a súa encarga máis importante: o monumento imperial á raíña Vitoria, con múltiples figuras, que se erixiría fronte ao Palacio de Buckingham.[10] A inauguración deste monumento tivo lugar o 16 de maio de 1911 e,[15] segundo a lenda, o rei Xurxo V ficou tan conmovido pola excelencia do monumento que pediu unha espada e nomeou cabaleiro a Brock no acto.[10] En calquera caso, á marxe da lenda, o certo é que ese mesmo día a Oficina do Lord Chamberlain notificou a The London Gazette que o rei ordenara que Brock fose nomeado cabaleiro comendador da Orde de Baño.[16]

De 1914 a 1919 Brock volveu ocupar o cargo de presidente da Sociedade de Escultores Británicos.[11]

Brock casou en 1869 e tivo oito fillos. Morreu en Londres o 22 de agosto de 1922 e está soterrado no adro da igrexa de St. Dunstan, en Mayfield, East Sussex.[4][17]

Escolma de obras

Moedas e medallas

Escultura pública

1875-1889

ImaxeMotivo / títuloSituación actualDataciónTipo e material
Richard Baxter
[22][23][24][25]
Kidderminster, Worcestershire.1875Estatua en pedestal. Mármore e granito.
William Rathbone
[26]
Setton Park, Liverpool.1877Pedra Portland e bronce.
A Moment of Peril
[27]
Castelo Rosenborg, Copenhage, Dinamarca.1880Grupo escultórico en bronce.
Robert Raikes
[28][29][30]
Xardíns Victoria Embankment, Londres.1880Estatua en pedestal. Bronce e pedra.
Rowland Hill
[25][31][32][33]
Vicar Street, Kidderminster.1881Estatua en pedestal. Mármore e granito.
Richard Temple
[8]
Museo Dr. Bhau Daji Lad, Bombai.1884Estatua. Mármore.
Henry W. Wadsworth
[4][11][34]
Abadía de Westminster, Londres.1884Busto. Mármore.
William Menelaus
[35]
Museo Nacional, Cardiff.1884Busto. Mármore.
Colin Milton Campbell
[25][36]
London Road, Stoke-on-Trent.1887Estatua en pedestal. Bronce e pedra.
Raíña Vitoria
[25][37]
Shire Hall, Worcester.1887Estatua en pedestal. Mármore e granito..
Henry Bartle Frere
[7][28][30][38]
Whitehall Gardens, Londres.1888Estatua en pedestal. Bronce e granito.

1890-1899

ImaxeMotivo / títuloSituación actualDataciónTipo e material
Raíña Vitoria
Parlamento, Cidade do Cabo.1890Estatua en pedestal. Mármore.
Daniel O'Connell
[39]
Catedral San Patricio, Melbourne, Australia.1891Estatua en pedestal. Bronce.
Bispo Henry Philpott
[11][40][41]
Catedral de Worcester.1892Estatua sedente en pedestal. Mármore e pedra.
Arthur Hervey
[11][42]
Catedral de Gales.>1894Tumba con efixie. Mármore e pedra.
Richard Owen
[11][43]
Museo de Hª Natural, Londres.1896Estatua en pedestal. Bronce e mármore.
Memorial Augustus Harris
[44]
Teatro Drury Lane, Covent Garden.1897Fonte e escultura. Granito e bronce.
William Lewis
[25][45]
Upper Thomas Street, Merthyr Tydfil.1898Estatua en pedestal. Bronce e granito.
Henry Tate
[46]
Tate Britain, Londres.1898Busto. Mármore.
Thomas Hughes
[47]
Rugby School, Rugby, Warwickshire.1899Estatua en pedestal.

1900-1909

ImaxeMotivo / títuloSituación actualDataciónTipo e material
Raíña Vitoria
[48]
Victoria Square, Birmingham.1901Estatua en pedestal. Bronce e pedra.
Raíña Vitoria
[25][49][50]
Grand Avenue, Hove.1901Estatua en pedestal. Bronce e mármore.
Frederic Leighton
[51]
Catedral de San Paulo, Londres.1902Efixie en pedestal, con figuras de apoio. Bronce e mármore.
Raíña Vitoria
[28]
Carlton House Terrace, Londres.1902Estatua. Mármore.
Raíña Vitoria
[52][53]
Bitts Park, Carlisle, Cumbria.1902Estatua en pedestal con chanzos. Bronce e granito.
Royal Scots Fusiliers
[54][55]
Burns Statue Square, Ayr.1902Estatua en pedestal. Bronce e granito.
Eduardo de Woodstock
[7][25][56]
Leeds City Square, Leeds.1903Estatua ecuestre en pedestal. Bronce e granito.
Raíña Vitoria
[57][58]
Belfast City Hall, Belfast.1903Estatua en pedestal con chanzos e esculturas. Mármore, pedra e bronce.
Edward James Harland
[59]
Belfast City Hall, Belfast.1903Estatua en pedestal. Pedra
William E. Gladstone
[25][60]
St John's Gardens, Liverpool.1904Estatua en pedestal e dúas estatuas na base. Bronce.
William E. Gladstone
[4][61][62]
Abadía de Westminster, Londres.1904Estatua en pedestal. Mármore.
John Everett Millais
[28][63][64]
Tate Britain, Londres.1905Estatua en pedestal. Bronce e pedra Portland.
Henry Tate
[25][65]
Brixtol Oval, Londres.1905Busto en pedestal. Bronce e pedra.
Raíña Vitoria
[8][66]
Queen's Park, Bangalore, India.1906Estatua en pedestal. Mármore e arenito.
Raíña Vitoria
[67]
Queens Gardens, Brisbane, Australia.1906Estatua en pedestal. Bronce e pedra.
John Nicholson
[8][68][69][70]
Royal School Dungannon, Condado de Tyrone.1906Estatua en pedestal. Bronce e pedra.

1910-1919

ImaxeMotivo / títuloSituación actualDataciónTipo e material
Henry Irving
[28][71]
Charing Cross Road, London1910Estatua en pedestal. Bronce e pedra Portland.
Eduardo VII
[72][73]
Galerías de Eudardo VII, Museo Británico.1911Busto. Bronce dourado.
Victoria Memorial
[7][25][28][74][75]
The Mall, Londres.1911Escultura sobre piar con estatuas e fontes. Mármore, bronce e pedra.
William Lewis
[76]
Parque de Aberdare.1913Estatua en pedestal. Bronce e granito.
Navigation
[77]
Arco do Almirantado, Londres.1908
1913
Estatua mural. Pedra Portland.
Gunnery
[77][78]
Arco do Almirantado, Londres.1908
1913
Estatua mural. Pedra Portland.
James Cook
[25][28][79][80]
The Mall, Londres.1914Estatua en pedestal. Bronce e pedra Portland.
Joseph Lister
[4]
Abadía de Westminster, Londres.1915Medallón de retrato. Mármore.
Eduardo VII
[8][81]
Queen's Park, Toronto, Canadá.1919Estatua ecuestre pedestal. Bronce e pedra.

Despois de 1920

ImaxeMotivo / títuloSituación actualDataciónTipo e material
Titanic Memorial
[58]
Belfast City Hall, Belfast.1920Grupo escultórico en pedestal. Pedra.
Eduardo VII
[82]
Macquarie Street, Sydney, Australia.1921Estatua ecuestre en pedestal. Bronce e granito.
Raíña Vitoria
[8][83][84]
Victoria Memorial, Calcuta, India.1921Estatua pedestal. Mármore.
Charles Grant Seely
[85][86]
Igrexa de San Olav, Gatcombe, Wight.1922Escultura sobre sepulcro. Mármore e pedra.
Joseph Lister
[87]
Portland Place, Londres.1924Busto en columna con esculturas. Bronce e granito.
Memorial de guerra
[88]
Queen's University. Belfast.1924Grupo escultórico en pedestal. Bronce e granito.
Robert Raikes
[25][89]
Gloucester.1930Estatua en pedestal. Bronce e pedra.

Outras obras

  • Bronce ecuestre A Moment of Peril (1880), actualmente na colección do Tate Britain.[90]
  • Estatua de Thomas Gainsborough na Royal Academy, en Burlington House, Londres.[11]
  • Estatua da raíña Vitoria en Agra (1905), trasladada para a súa almacenaxe en Mathura logo da independencia da India (1947). Orixinariamente estaba nun pedestal con dúas figuras, logo desaparecidas, na base: Truth ("Verdade") e Justice ("Xustiza").[8][91]
  • Estatua de bronce de Vitoria, erixida en 1904 en Kanpur e logo trasladada ao museo estatal de Uttar Pradesh, Lucknow. Crese que é un molde do deseño que Brock utilizou para as súas estatuas da raíña en Agra, Hove, Brisbane e Carlise.[8]
  • Busto do cirurxián Henry Lee, na entrada do Real Colexio de Cirurxiáns.[92]
  • Bustos de Henry W. Longfellow no Sitio Histórico Nacional de Grand-Pré, Nova Scotia.[93]
  • Bustos of Joseph Lister, Michael Faraday e Frederic Leighton na colección da Galería Nacional de Retratos de Londres.[11]
  • Estatua de mármore en pedestal de Sorabjee Shapurjee Bengallee (1898), en Fort, Bombai.[8]
  • Busto de mármore de Cowasjee Jehangir (1915), Jehangir Public Hall, India.[8]
  • Estatua de George Clarke, primeiro barón Sydenham de Combe, erixida en 1919, na entrada do Science Institute College, de Bombai.[8]
  • Busto de mármore para a India de Darasha Ruttonjee Chichgur (1903), do que se descoñece a súa localización.[8]
  • Estatua sedente en mármore en pedestal de Dinshaw Maneckji Petit, exposta na Royal Academy en 1916 e logo erixida preto do Victoria Terminus (estación ferroviaria Chhatrapati Shivaji), en Bombai.[8]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Predecesor:
Joseph Edgar Boehm

Moedas da libra esterlina
Autores dos anversos

1893 - 1901
Sucesor:
George William de Saulles