The Simpsons (tempada 6)

tempada da serie animada

A sexta tempada da serie animada The Simpsons emitiuse orixinalmente dende o 4 de setembro de 1994 até o 21 de maio de 1995 e consiste en 25 episodios.

O showrunner da produción da sexta tempada foi David Mirkin, que foi produtor executivo de 23 episodios. Os ex-showrunners Al Jean e Mike Reiss produciron os dous restantes; produciron os dous episodios co persoal de The Critic, unha serie que crearon Jean e Reiss despois da súa saída de The Simpsons. Isto fíxose co fin de aliviar algo da tensión soportada polo equipo de guionistas de The Simpsons, como o sentir de que a produción de 25 episodios nunha tempada era demasiado.

Os primeiros dous episodios, Bart of Darkness e Lisa's Rival, foron tomados da tempada previa, xa que a produción demorouse polo terremoto de Northridge de 1994.[1] [2] O produtor executivo da tempada foi David Mirkin.[3] O episodio A Star is Burns causou certa controversia entre os produtores, xa que Matt Groening sacou o seu nome dos créditos do episodio, ao velo como unha publicidade para The Critic, a cal se emitía por ese entón.[4] Fox volveu situar a The Simpsons ao seu horario orixinal dos domingos, sendo emitido os xoves durante as tres tempadas previas. Dende entón, a súa emisión continuou nese día.[5]

Episodios

#Data da emisión orixinalCódigo de produciónTítulo
104 - 6.014 de setembro de 19941F22"Bart of Darkness"
105 - 6.0211 de setembro de 19941F17"Lisa's Rival"
106 - 6.0325 de setembro de 19942F33"Another Simpsons Clip Show"
107 - 6.042 de outubro de 19942F01"Itchy & Scratchy Land"
108 - 6.059 de outubro de 19942F02"Sideshow Bob Roberts"
109 - 6.0630 de outubro de 19942F03"Treehouse of Horror V"
110 - 6.076 de novembro de 19942F04"Bart's Girlfriend"
111 - 6.0813 de novembro de 19942F05"Lisa on Ice"
112 - 6.0927 de novembro de 19942F06"Homer Badman"
113 - 6.104 de decembro de 19942F07"Grampa vs. Sexual Inadequacy"
114 - 6.1118 de decembro de 19942F08"Fear of Flying"
115 - 6.128 de xaneiro de 19952F09"Homer the Great"
116 - 6.1322 de xaneiro de 19952F10"And Maggie Makes Three"
117 - 6.145 de febreiro de 19952F11"Bart's Comet"
118 - 6.1512 de febreiro de 19952F12"Homie the Clown"
119 - 6.1619 de febreiro de 19952F13"Bart vs. Australia"
120 - 6.1726 de febreiro de 19952F14"Homer vs. Patty & Selma"
121 - 6.185 de marzo de 19952F31"A Star Is Burns"
122 - 6.1919 de marzo de 19952F15"Lisa's Wedding"
123 - 6.209 de abril de 19952F18"Two Dozen and One Greyhounds"
124 - 6.2116 de abril de 19952F19"The PTA Disbands"
125 - 6.2230 de abril de 19952F32"'Round Springfield"
126 - 6.237 de maio de 19952F21"The Springfield Connection"
127 - 6.2414 de maio de 19952F22"Lemon of Troy"
128 - 6.2521 de maio de 19952F16"Who Shot Mr. Burns? (1ª parte)"

Premios e nomeamentos

A sexta tempada gañou un premio Emmy, e recibiu tres nomeamentos adicionais. Lisa' s Wedding gañou o Emmy na categoría "Mellor programa animado (de duración menor a unha hora)". Alf Clausen recibiu un nomeamento na categoría "Logro individual destacado en composición musical para unha serie" por Treehouse of Horror V, mentres que el e John Swartzwelder estiveron nomeados en "Logro individual destacado en letra e música" pola canción dos Stonecutters "We Do" no episodio Homer the Great. Finalmente, Bart vs. Australia foi nomeado por "Logro individual destacado en mestura de son para unha serie de comedia ou un especial".[6][7]

Lanzamento en DVD

O DVD da sexta tempada completa foi lanzado á venda nos Estados Unidos o 16 de agosto de 2005, o 17 de outubro do mesmo ano no Reino Unido e o 24 de setembro en Australia. O compilado inclúe un deseño de plástico coa forma da cabeza de Homer que recibiu moitas críticas. Nos Estados Unidos, o set contivo unha aclaración informando aos compradores como solicitar unha caixa alternativa, a cal consiste nun empaquetado tradicional, sen cargo adicional.

Notas