The Dubliners
- Artigo
- Conversa
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
The Dubliners | |
---|---|
![]() A banda en 2005 de esquerda a dereita: Eamonn Campbell, John Sheahan, Barney McKenna, Séan Cannon e Patsy Watchorn. | |
Orixe | Dublín, Leinster, ![]() |
Período | 1962—presente |
Xénero(s) | Folk |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia, Epic, Legacy, Major Minor, EMI, Transatlantic, Polydor, CHYME, Lunar, Harmac, Baycourt, Celtic Collections |
Membros | John Sheahan Sean Cannon Eamonn Campbell Patsy Watchorn |
Antigos membros | Ronnie Drew (falecido) Luke Kelly (falecido) Ciaran Bourke (falecido) Bobby Lynch (falecido) Jim McCann Paddy Reilly Barney McKenna (falecido) |
Na rede | |
http://www.thedubliners.org/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Dubliners é un grupo folk irlandés. Constituíronse como grupo en 1962, na cidade de Dublín (Irlanda). Os seus membros orixinais foron Ronnie Drew (voz , guitarras), Luke Kelly (voz, banjo, guitarra), Barney McKenna (banjo), Ciaran Bourke (frauta irlandesa, harmónica, guitarra, voz) e John Sheahan (violín). Orixinalmente chamouse "The Ronnie Drew Group" ("O grupo de Ronnie Drew"), mais trocaron o nome polo de The Dubliners pola novela de James Joyce ("Dubliners") que Kelly estaba a ler nese momento. O seu primeiro éxito no Reino Unido foi "Seven Drunken Nights".
En 2008 gravouse un disco homenaxe a Ronnie Drew (falecido pouco tempo despois, o 16 de agosto de 2008), titulado The ballad of Ronnie Drew, no que participaron, entroutros, Bono, Sinéad O'Connor, Christy Moore e Shane MacGowan.
O 5 de abril de 2012 falece en Dublín o membro fundador do grupo, Barney McKenna[1].