The Big Short

The Big Short é un filme estadounidense de 2015 do xénero de comedia dramática biográfica dirixida por Adam McKay e escrito por McKay e Charles Randolph, baseado no libro The Big Short: Inside the Doomsday Machine (2010) de Michael Lewis sobre a crise financeira de 2007-2008 , que se desencadeou pola burbulla inmobiliaria dos Estados Unidos[3]. Entre outros actuaron na produción Christian Bale, Steve Carell, Ryan Gosling, Brad Pitt, Melissa Leo e Marisa Tomei.

The Big Short
Ficha técnica
DirectorAdam McKay
ProdutorDede Gardner

Jeremy Kleiner
Arnon Milchan
Brad Pitt
GuiónAdam McKay
Charles Randolph
Baseado enThe Big Short de Michael Lewis
IntérpretesChristian Bale
Steve Carell
Ryan Gosling
Brad Pitt
MúsicaNicholas Britell
FotografíaBarry Ackroyd
EstudioRegency Enterprises
Plan B Entertainment
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea12 de novembro de 2015
Duración130 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento28.000.000 $[1]
Recadación133.400.000 $[2]
Na rede
https://web.archive.org/web/20160303180208/http://www.thebigshortmovie.com
IMDB: tt1596363 Filmaffinity: 774066 Allocine: 227900 Rottentomatoes: m/the_big_short Mojo: bigshort Allmovie: v596340 TCM: 2064599 Metacritic: movie/the-big-short
Facebook: TheBigShortMovie Twitter: thebigshort BNE: XX5647050 Netlix: 80075560Editar o valor em Wikidata
Entre as técnicas non habituais do filme están varios cameos con personaxes coñecidos para expoñer o problema financeiro. Selena Gomez é unha das personaxes que aparecen, explicando nunha mesa de xogo de Las Vegas en que consiste un produto financeiro, o CDO sintético

A película caracterízase polas súas técnicas pouco convencionais para explicar instrumentos financeiros complexos. Entre outros, dispón cameos con Margot Robbie, Anthony Bourdain, Selena Gomez e Richard Thaler que rompen a cuarta parede para explicar conceptos tales como hipotecas de alto risco e obrigacións garatizadas por débeda como unha metareferencia, outros actores diríxense ao público, en especial Gosling, que serve como narrador.

A primeira estrea foi nos Estados Unidos, en versión limitada, nalgúns cinemas escollidos o 11 de decembro de 2015. Paramount Pictures[4][5] estrou o filme para o resto dos cinemas o 23 de decembro . O filme foi un éxito económico e de crítica, recadando 133.000.000 $ cun orzamento de 50.000.000. Logrou candidaturas a cinco premios da Academia: mellor filme, mellor director, mellor actor secundario, mellor montaxe e mellor guión adaptado, gañando este último.

Argumento

Marisa Tomei, unha das protagonistas do filme, en 2012

O filme describe diversos actores clave na creación da permuta de incumprimento crediticio no mercado que buscaba apostar en contra da obriga colateralizada por débeda (CDO), e que rematou aproveitando a crise financeira global. A película componse de tres historias separadas que se executan simultaneamente, sen trama ningunha superposta, só conectadas pola colapso do mercado hipotecario. Michael Burry (Christian Bale) é o xestor dun fondo de alto risco, que decide investir moito do diñeiro en apostar a que o sistema imobiliario dos Estados Unidos vai quebrar nun breve prazo. Esa decisión xéralle complicacións cos investidores, ao non apostar contra do sistema ninguén antes e tirar proveito. Ao saber destes investimentos, o corredor Jared Vennett (Ryan Gosling) percibe a oportunidade e ofrécella aos seus clientes. Un deles é Mark Baum (Steve Carell), o dono dunha corredoría que enfronta problemas persoais dende o suicidio do seu irmán. Paralelamente, dous principiantes na Bolsa de Valores pensan que poden gañar moitos cartos ao apostar na crise inmobiliaria e, para tanto, piden axuda a un gurú de Wall Street, Ben Rickert (Brad Pitt), que vive recluso.[6]

Elenco

Un grupo de actores durante un descanso na rodaxe do filme en Nova York o 22 de maio de 2015

Produción

Desenvolvemento

En 2013, Paramount adquiriu os dereitos do libro de non ficción The Big Short: Inside the Doomsday Machine de Michael Lewis para desenvolvelo nun filme, que a produtora de Brad Pitt, Plan B Entertrainment ía producir[7]. O 24 de marzo de 2014 contratouse a Adam McKay para escribir e dirixir a película, sobre a burbulla económica e hipotecaria.[3] o guionista Charles Randolph, escribiu a historia e un dos primeiros cambios foi atopar o ton correcto para a película[8]. Dous anos despois de Randolph escribir o seu proxecto, McKay, como director, reescribiu o guión. Foi de McKay a idea de incluír cameos de famosos no filme para explicar conceptos financeiros.

O elenco

O 13 de xaneiro de 2015, Variety anunciou que Brad Pitt, Christian Bale, e Ryan Gosling ían protagonizar o filme, con Pitt producindo a película canda Dede Gardner e Jeremy Kleiner. Plan B Entertrainment ía financialo, e Paramount xestionaría os dereitos de distribución.[9] Pitt xa actuou na adaptación doutro libro de Lewis Moneyball, co que foi candidato aos Óscar. O 14 de xaneiro, anunciouse que Steve Carell tamén actuaría.[10] O 21 de abril de 2015 Deadline deu a coñer a máis membros da repartición, Melissa Leo, Marisa Tomei, Tracy Letts, Hamish Linklater, John Magaro, Byron Mann, Rafe Spall, Jeremy Strong, e Finn Wittrock.[11] Charles Randolph escribiu a versión inicial. Max Greenfield uniuse o elenco da película o 23 de abril de 2015.[12] Karen Gillan chiou sobre a súa implicación na película o 8 de maio de 2015.[13]

Rodaxe

A rodaxe principal comezou o 18 de marzo de 2015 en Nova Orleáns (Luisiana)[14][15]. O 20 de maio de 2015 rodouse en Manhattan, Nova York[16]. O 22 de maio, o equipo de produción recreou as oficinas da empresa de investimento Lehman Brothers no ástrago do Departamento de Servizos Financeiros do Estado de Nova York, en Manhattan[17].

Estrea

O 22 de setembro de 2015 Paramount anunciou que o filme coñecería unha estrea limitada o 11 de decembro de 2015, mentres a exhibición xeral comezaría o 23 de decembro de 2015[18]. O filme saíu en DVD e Blu-ray o 15 de marzo de 2016.

Recepción

Recadación

The Big Short recadou 70.300.000$ nos Estados Unidos e o Canadá e outros 63.200.000 no resto do mundo, facendo un total de 133.400.000 fronte a un orzamento de produción de 50.000.000.

A estrea foi en oito cines dos Ánxeles, Nova York, San Francisco e Chicago o 11 de decembro de 2015 e recadou 705.527$ (unha media de 88.191 por cine). A mellor posición dunha película de estrea en oito localidades, superando a anterior marca de Memorias dunha gueixa (85.313 por cine)[19] A estrea en todo o país foi o 23 de decembro de 2015 e recadou 2.300.000$ no seu primeiro día e na primeira fin de semana recadou 10.500.000, a 6º mellor recadación.[20]

Crítica

En Rotten Tomatoes, a película ten unha taxa de aprobación do 88% baseada en 281 críticas, cunha media de 7.8/10. En Metacritic, a súa puntuación é de 81 sobre 100, baseada en 45 críticas, indicando "recoñecemento universal"[21]. En CinemaScore o público consultado deulle ao filme unha nota media de "A–" nunha escala de A+ a F. IGN deulle unha puntuación de 8.6/10, enxalzando a súa "enérxica dirección" e facer "un complicado conto comprensible para o leigo, mesmo cando desencadea indignación nos logreiros que axudaron a causalo"[22]. The New York Times afirmou que ofrece a mellor explicación que deu filme á crise financeira global[23].

Véxase tamén

Outros artigos

Notas