Termopar
Un termopar é un transdutor formado pola unión de dous metais distintos que produce unha diferenza de potencial moi pequena (da orde dos milivolts) que é función da diferenza de temperatura entre un dos extremos, denominado «punto quente» ou «unión quente» ou de «medida» e o outro, chamado «punto frío» ou «unión fría» ou de «referencia» (efecto Seebeck).
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/06/Termopar_%28diagrama_de_funcionamiento%29-LMB.png/300px-Termopar_%28diagrama_de_funcionamiento%29-LMB.png)
Normalmente os termopares industriais están compostos por un tubo de aceiro inoxidábel ou outro material. Nun extremo do tubo está a unión, e no outro o terminal eléctrico dos cabos, protexido dentro dunha caixa redonda de aluminio (cabezal).
En instrumentación industrial, os termopares úsanse como sensores de temperatura.
Son económicos, intercambiábeis, teñen conectores estándar e son capaces de medir un amplo rango de temperaturas.
A súa principal limitación está na exactitude, pois é fácil obter erros do sistema cando se traballa con precisións inferiores a un grao Celsius.
![]() | Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |