Tequixquiac

Tequixquiac é un concello ao norte do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Apaxco, Hueypoxtla, Zumpango, Huehuetoca e con Atotonilco de Tula no estado de Hidalgo.[1] A súa área é de 122.32 km², e a súa poboación era de 33 907 habitantes no ano 2010. A cabeceira municipal ou sede do goberno é Santiago Tequixquiac, a segunda poboación importante é Tlapanaloya, máis conta con outras localidades como Colonia Wenceslao Labra, a ranchería de La Heredad e as facendas do Cenicero e Montero.[2]

Modelo:Xeografía políticaTequixquiac
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 19°54′N 99°09′O / 19.9, -99.1599°09′O / 19.9, -99.15
EstadoMéxico
Estado federadoEstado de México Editar o valor em Wikidata
CapitalSantiago Tequixquiac Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie80,34 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.100 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal55650 Editar o valor em Wikidata

Páxina webtequixquiac.gob.mx Editar o valor em Wikidata

Topónimo

Tequixquiac identifícase co nome na lingua náhuatl de Tequixquiac (cfr. nahuatl actual Tequixquitl (salitre ou tequiesquite (bicarbonato de sodio co sal), atl (auga), e o sufixo de lugar -c). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar das augas salitrosas".[3]

Historia

Os primeiros poboadores de Tequixquiac foron indíxenas otomís, que decidiron establecerse neste lugar de maneira definitiva pola abundancia de ríos e mananciais. Dedicáronse principalmente á agricultura e á crianza de animais domésticos.[1]

En 1152, os aztecas no camiño até o Val de México, procedentes de Tula Xicocotitlan deciden establecerse en Tequixquiac por un curto período de tempo nun lugar chamado Tepetongo.

O 29 de novembro de 1820 fundouse o concello de Tequixquiac baixo as ordenanzas da constitución de Cádiz, durante o movemento de independencia da Nova España.

Xeografía

O concello sitúase ó norte do Estado de México, a 84 quilómetros ao norte da Cidade de México e 280 quilómetros da cidade de Toluca de Lerdo (capital do estado).[1]

Política e goberno

Pazo municipal de Tequixquiac.

O concello está formado por un presidente municipal ou alcalde, un síndico, un tesoureiro, un secretario da xunta e rexidores das delegacións. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.

Alcaldes

  • Iginio Adrían Rojas Hernández (1994-1996)[1]
  • Emiliano Cruz Rodríguez (1997-2000)
  • José Rafael Pérez Martínez (2000-2003)
  • Gustavo Alonso Donis García (2003-2006)
  • Enrique Martínez Astorga (2006-2009)
  • Xóchitl Ramírez Ramírez (2009-2012)
  • Juan Carlos Hernández González (2012-2015)
  • Salvador Raúl Vásquez Valencia (2016-2018)

Demografía

Mapa de localidades do concello de Tequixquiac.

O concello de Tequixquiac ten unha poboación de 33 907 habitantes; dos que 16 794 son homes e 17 113 son mulleres. As estatistícas corresponden ao censo de poboación do ano 2010.[4]

Localidades do concello

O concello ten moitas localidades e na seguinte táboa amósanse as principais parroquias.

LocalidadesPoboación
Total do concello33 907
Santiago Tequixquiac25 430
Tlapanaloya6 466
Wenceslao Labra1 248

Cultura

Conta cun bo número de manifestacións culturais e unha grande historia, polo que é coñecido como o berce da arte prehistórica de América[5].

Cóntase neste concello con algúns vestixios arqueolóxicos e arquitectónicos do seu pasado precolombiano e colonial español, sendo o recinto máis importante a igrexa ou parroquia de Santiago Apóstolo,[1] edificio barroco que conserva as súas características de deseño orixinal.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos