Taurus (foguete)

Taurus, tamén coñecido como Minotaur-C, foi o nome dun foguete espacial dos Estados Unidos propulsado en tódalas súas etapas por propelente sólido.[1][2][3][4][5][6]

Un Taurus 1110 na rampla de lanzamento.

Características

Houbo cinco versións do Taurus en función das súas capacidades. Tódalas versións usaron unha primeira etapa TU-903 ou Castor 120 e unha cuarta etapa Orion 38, mentres que a segunda e terceira variaron entre versións. Para a denominación das versións usábase un código de catro números como segue:[1][2][3][4][5][6]

  • O primeiro díxito indica a primeira etapa: un 1 para unha etapa TU-903 e un 2 para Castor 120.
  • O segundo díxito indica o tamaño da cofia: 1 para unha pequena e 2 para unha grande.
  • O terceiro indica o tipo da cuarta etapa, cun 1 sendo unha Orion 38 e un 2 unha Star-37FM.
  • O cuarto díxito úsase para sinalar a existencia dunha quinta etapa opcional, cun 0 para a ausencia desta etapa e un 3 para indicar o uso dunha quinta etapa Star-37FM.

Taurus-1110

Tamén coñecido como Minotaur-C-1110, era capaz de poñer en órbita baixa terrestre ata 1400 kg, usaba unha segunda etapa Orion 50ST e unha terceira etapa Orion 50T. Lanzáronse tres foguetes desta versión.[1][2]

Taurus-2110

Podía poñer en órbita baixa ata 1450 kg, usaba unha segunda etapa Orion 50ST e unha terceira Orion 38. Lanzáronse dous foguetes desta versión, fallando un. Tamén coñecido como Minotaur-C-2110..[1][3]

Taurus-2210

Taurus-2210 ou Minotaur-C-2210 podía poñer en órbita baixa 1450 kg usando unha segunda etapa Orion 50ST e unha terceira etapa Orion 38. Lanzouse un foguete desta versión.[1][4]

Taurus-3110

Taurus-3110 (Minotaur-C-XL-3110) era capaz de poñer en órbita baixa 1450 kg e 445 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria usando unha segunda etapa Orion 50SXLT e unha terceira etapa Orion 38. Lanzáronse dous foguetes desta versión, fallando ambos.[1][5]

Taurus-3210

Coñecido tamén como Taurus XL e Minotaur-C-XL-3210, podía enviar 1275 kg a órbita baixa e 880 a órbita heliosincrónica. Usaba unha segunda etapa Orion 50SXLT e unha terceira Orion 38. Lanzáronse dous foguetes desta versión, os dous con éxito.[1][6]

Historial de lanzamentos

Voo[1][2][3][4][5][6]Data[1][2][3][4][5][6]Rampla de lanzamento[1][2][3][4][5][6]Carga[1][2][3][4][5][6]Resultado[1][2][3][4][5][6]Notas
113 de marzo de 1994Base Vandenberg da Forza AéreaSTEP 0 (P90-5, USA 101) / DARPASAT (USA 102)Éxito.Primeiro voo dun Taurus. Voou a versión 1110.
210 de febreiro de 1998Base Vandenberg da Forza AéreaGFO / Orbcomm FM03 / Orbcomm FM04 / Celestis 03ÉxitoVersión 2210.
33 de outubro de 1998Base Vandenberg da Forza AéreaSTEX (USA 140) / ATEx-UEB / ATEx-LEBÉxitoVersión 1110.
421 de decembro de 1999Base Vandenberg da Forza AéreaKOMPSAT 1 (Arirang 1) / ACRIMSat / Celestis 04ÉxitoVersión 2110.
513 de marzo de 2000Base Vandenberg da Forza AéreaMTI (P97-3)ÉxitoVersión 1110.
621 de setembro de 2001Base Vandenberg da Forza AéreaOrbView 4 / QuikTOMS / SBD / Celestis 05FalloVersión 2110.
720 de maio de 2004Base Vandenberg da Forza AéreaROCSAT 2ÉxitoVersión 3210.
824 de febreiro de 2009Base Vandenberg da Forza AéreaOCOFalloVersión 3110
94 de marzo de 2011Base Vandenberg da Forza AéreaGlory / E1P / KySat 1 / HermesFalloVersión 3110
1031 de outubro de 2017Base Vandenberg da Forza AéreaSkySat 8 / SkySat 9 / SkySat 10 / SkySat 11 / SkySat 12 / SkySat 13 / Flock-3m 1 a 4ÉxitoVersión 3210

Notas

Véxase tamén

Outros artigos