Tartu

cidade de Estonia

Tartu é a segunda maior cidade de Estonia e capital do condado de Tartu. A cidade de Tartu ten unha poboación de 93.124 habitantes (2017) e unha superficie de 38,8 km². É a segunda cidade máis poboada do país, por detrás da capital Tallin,[1] e a oitava máis poboada no conxunto dos países bálticos.

Modelo:Xeografía políticaTartu
Imaxe

Lema«Heade mõtete linn»
«City of good thoughts» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aTaarapita (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 58°22′48″N 26°43′21″L / 58.38, 26.722526°43′21″L / 58.38, 26.7225
PaísEstonia
CondadosCondado de Tartu
City (en) TraducirTartu City (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación97.524 (2023) Editar o valor em Wikidata (2.502,54 hab./km²)
Xeografía
Superficie38,97 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porEmajõgi Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1262 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
15 de agosto de 1224Siege of Tartu (en) Traducir
23 de outubro de 1656Siege of Dorpat (en) Traducir
1657Siege of Tartu (en) Traducir
4 de xuño de 1704Siege of Tartu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal50050–51111 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Bærum
Hafnarfjörður
Veszprém (1969–)
Zutphen (pt) Traducir (1990–)
Hämeenlinna (1991–)
Tampere (1992–)
Lüneburg (1993–)
Kaunas (1993–)
Turku (1996–)
Frederiksberg (pt) Traducir (1996–)
Ferrara (1998–)
Salisbury (pt) Traducir (1999–)
Deventer (2004–)
Riga (2005–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webtartu.ee Editar o valor em Wikidata
BNE: XX458735

O desenvolvemento de Tartu estivo ligado á propia historia do sur de Estonia. A primeira mención data de 1030 e fai referencia a «Iúriev», unha fortaleza controlada pola Rus de Kíiv.[2] Nas cruzadas bálticas de comezos do século XIII, dita fortaleza foi capturada polos Irmáns Livonios, renomeada «Dorpat» e convertida na capital do bispado de Dorpat (1224-1558). Posteriormente estivo baixo control da República das Dúas Nacións, o imperio sueco e o Imperio ruso, até que Estonia proclamou a súa independencia en 1919 e impuxo o topónimo actual.[3]

Tartu considérase a capital cultural e intelectual do país,[4][5][6] ó posuír a universidade máis antiga e prestixiosa do país, a Universidade de Tartu, fundada en 1632 por Gustavo II Adolfo de Suecia e principal academia do país.[7] Desde a década de 1960 até a súa morte en 1993 foi catedrático desta universidade o semiólogo Iurii Lotman, cofundador da Escola Tartu-Moscova.Durante o nacionalismo romántico, os intelectuais estonianos organizaron a primeira edición do Festival da Canción de Estonia —actualmente en Tallin— e a primeira representación teatral en lingua estoniana. Hoxe en día a cidade acolle o Ministerio de Educación e Investigación, a Corte Suprema, o Museo Nacional de Estonia e o observatorio de Tartu.[3]

Outros nomes históricos da cidade inclúen o alemán Dorpat (do século XIII) e o ruso Yuryev (Юрьев, dende 1030) e Derpt (Дерпт).

Etimoloxía

O topónimo estoniano «Tartu» é oficial desde 1918 e provén do nome que os primeiros nativos lle deron á fortificación sobre o coto do río Emajõgi: Tarbata, Tharbata, Tharbete e incluso Darbete. A súa orixe non está clara: varía entre unha referencia ao touro (en estoniano, tarvas) e outra ao deus mitolóxico Tharapita (en estoniano, Taara).[8] O termo en latín é «Tarbatum».

Tamén ten outros nomes históricos noutras linguas. O máis estendido é o xermano «Dorpat», unha variante do latín actualmente en desuso pero que foi oficial desde 1224 até 1721. En tempos do Imperio ruso utilizouse o topónimo «Derpt» (Дерпт, 1721-1893) e «Iuriev» (Юрьев, 1893-1918), este último recoñecido na primeira mención escrita da vila.[9]

Poboación

Segundo o censo da European Statistical Office no ano 2005, a poboación de Tartu estaba composta por:

Cidades irmás

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas