Tareixa Roca
tradutora galega
Tareixa Roca Sánchez, nada en Guitiriz o 22 de abril de 1956, é unha tradutora, escritora e profesora galega.
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1956 ![]() Guitiriz, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tradutora , profesora ![]() |
Xénero artístico | Tradución |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Luís G. Soto |
![]() |
Traxectoria
Profesora de Bacharelato de Lingua e Literatura Galegas no IES Salvador de Madariaga da Coruña, cidade onde reside desde 1983.
Obra en galego
Narrativa
- Veráns de misterio (2023). A Coruña: Espiral Maior. 161 páxs. ISBN 9788412734324.
Ensaio
- Carvalho sempre. Alustres de vida e obra (2020). Con Luís G. Soto. Espiral Maior. ISBN 978-84-122271-2-3.
Traducións
- Fendas e áncoras no vento, de Pepe Galán, 1997, Galería de Arte Pardo Bazán, A Coruña.
- Soños nos cantís, de César Antonio Molina, 2006, Espiral Maior, A Coruña.
Traducións colectivas
- Economía e poboación en Galicia, de Xosé Antonio López Taboada, 1979, Edicións do Rueiro, A Coruña.
- Outramente Barthes, 1988, Nova Renascença, Porto. Con Luís G. Soto.
- Os Reis Magos, de Michel Tournier, 1988, Xerais, Vigo. Con Modesto García.
- Nova enciclopedia de bioética, 2005, Universidade de Santiago de Compostela. Con Luís G. Soto.[1]
Obras colectivas
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/1progalpor.jpg/220px-1progalpor.jpg)
Premios
- Mellor libro do ano 2005 na XV edición dos premios Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia, por Nova enciclopedia de bioética.
- Finalista, no apartado de tradución, nos Premios da AEUE (Asociación de las Editoriales Universitarias Españolas) do 2005, por Nova enciclopedia de bioética.
- Finalista, no apartado de tradución, nos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega do 2006, por Nova enciclopedia de bioética.
- Finalista, no apartado de tradución, nos Premios da AELG do 2007, por Soños nos cantís, de César Antonio Molina.
Obra en castelán
Edicións
- El fin de Finisterre, de César Antonio Molina, 2010, Pre-Textos, Valencia. Edición bilingüe galego-castelán.
Literatura infanto-xuvenil
- Aventura en el castillo, 2010, Tórculo, Santiago de Compostela.
- Aventura en el molino, 2010, Tórculo, Santiago de Compostela.
Traducións
- En torno a la justicia, 1999, Erís, A Coruña.
- Paz, guerra y violencia, de Luís G. Soto, 2006, Espiral Maior, A Coruña.
- Eume, de César Antonio Molina, 2008, Pre-Textos, Valencia. En colaboración co propio autor e Luís G. Soto. Edición bilingüe galego-castelán.[2] Volume 948 de Pre-textos: Poesía. Ed. Pre-Textos. 251 pp. ISBN 8481919047
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Tareixa Roca na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
🔥 Top keywords: PortadaÁlvaro MorataEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesVerónica BoqueteEurocopa de FútbolAymeric LaporteDani CarvajalShannen DohertyJesús NavasJoselu MatoEstadio Olímpico de BerlínEleccións ao Parlamento Europeo de 2024Selección de fútbol de EspañaIñaki WilliamsJude BellinghamSegunda guerra mundialJosé Ramón GarcíaRafael NadalLuke PerryPablo AmoWilli BaumeisterDonald TrumpTubingaSan Román de Vilaestrofe, CervoAWStatsWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISelección de fútbol de InglaterraPosicións sexuaisGaliciaAxuda:Cambios relacionadosBlas de LezoGrand Slam (tenis)Novak ĐokovićMartín ZubimendiBenito KamelasLista de castelos de PortugalWikipediaAndrés Iniesta