Tadorninos

(Redirección desde «Tadorninae»)

A dos tadorninos (Tadorninae) é unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos, que inclúe especies en xeral semiterrestres, como un intermedio entre os gansos (anserinos) e os patos (anatinos).

A maioría das especies teñen unha plumaxe distintiva, sempre con dimorfismo sexual.

Os tadorninos son propios principalmente do hemisferio sur tropical, con só dúas especies, Tadorna tadorna e Tadorna ferruginea ocupando zonas temperadas do hemisferio norte.

Taxonomía

Tadorna ferruginea.
Alopochen aegyptiacus.
Merganetta armata.

A subfamilia dos tadorninos inclúe dez xéneros actuais, e dous máis fósiles, coas especies que se indican a continuación.[1] (Nove, segundo o SIIT).[2]

  • Sarkidiornis
    • Sarkidiornis melanotos
  • Pachyanas
    • Pachyanas chathamica
  • Tadorna
  • Centrornis
    • Centrornis majori
  • Alopochen
  • Neochen
    • Neochen jubata
  • Chloephaga
    • Chloephaga melanoptera
    • Chloephaga picta
    • Chloephaga hybrida
    • Chloephaga poliocephala
    • Chloephaga rubidiceps
  • Cyanochen
    • Cyanochen cyanopterus
  • Hymenolaimus
    • Hymenolaimus malacorhynchus
  • Merganetta
    • Merganetta armata
  • Tachyeres
    • Tachyeres patachonicus
    • Tachyeres pteneres
    • Tachyeres leucocephalus
    • Tachyeres brachypterus
  • Plectropterus [3]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Géroudet P. (1999): Les Palmipèdes d'Europe. Lausanne/Paris: Delachaux et Niestlé.
  • Hoyo J. del; Elliott, A. & Sargatal, J. (1992): Handbook of the Birds of the World, Volume 1, Ostrich to Ducks. Barcelona (España):Lynx Edicions.

Outros artigos

Ligazóns externas