FIBA SuproLeague

(Redirección desde «Suproliga»)

A FIBA SuproLeague ou Suproliga foi unha competición baloncesto de Europa organizada por FIBA Europa durante a tempada 2000-01 despois da excesión da ULEB, que organizou ese mesmo ano a Basketball Euroleague. Entón, ese mesmo ano algúns equipos decidiron participar nesta competición e outros na Euroliga. Na Suproliga participaron vinte equipos de catorce estados distintos.

Modelo:Competición deportivaFIBA SuproLeague
TipoEuroleague Basketball Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFederación Internacional de Baloncesto Editar o valor em Wikidata
Número de participantes24 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Período de tempotempada 2000-2001 Editar o valor em Wikidata
Número de ediciónXLIV Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Puntos por partidoMiroslav Berić (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialfibaeurope.com… Editar o valor em Wikidata

En canto a competición, os catro mellores equipos, foron o Maccabi israelí, o CSKA ruso, o Panathinaikos BSA grego e o Efes Pilsen turco, nunha Final Four disputada no Palais Omnisports de Bercy en París, capital de Francia. Finalmente proclamouse campión o equipo israelí tras vencer na final por catorce puntos de diferenza, 81 a 67, ao Panathinaikos de Atenas.

O título da Suproliga obtido nesta competición polo Maccabi de Tel Aviv considérase igual de válido que o obitido pola Kinder Bologna na edición da Euroliga, polo que en 2001 houbo dous campión oficiais de Europa.

Historia

Véxase tamén: Euroleague Basketball.

A Euroliga, competición coñecida historicamente como "Copa de Europa", foi creada pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) e operou baixo o seu paraugas dende 1958 até o verán de 2000, incluíndo a tempada 1999-00. Foi entón cando ULEB, abreviatura de Unión de Ligas Europeas de Baloncesto, creou pola súa parte outra competición paralela cos vinte e catro clubs máis ricos, a maioría deles procedentes de España, Italia e Grecia.

Sorprendentemente, a FIBA nunca rexistrara o nome de "Euroliga", polo que a ULEB utilizouno sen ningún tipo de consecuencias legais, e a FIBA non tivo máis remedio que aceptalo e procurar un novo nome para a súa competición. Por tanto, a seguinte tempada comezou con dúas competicións separadas do máis alto baloncesto europeo: a FIBA SuproLeague (coñecida anteriormente como FIBA Euroleague) e a nova ULEB Euroleague.

Os principais clubs europeos non amosaron sinais de ceder e organizar unha soa competición, polo que acabaron divididos entre as dúas ligas o Panathinaikos, o Maccabi Tel Aviv, o CSKA de Moscova ou o Efes Pilsen quedaron coa FIBA, mentres que o Olympiacos, a Kinder Boloña, o FC Barcelona, o TAU Cerámica ou o Žalgiris Kaunas quedaron coa ULEB. Así, en maio de 2001 Europa tivo dous campión: a Virtus Boloña vencedora da ULEB Euroleague e o Maccabi Tel Aviv vencedor da FIBA SuproLeague. Hoxe considéranse ambos títulos como válidos.

Participantes

EquipoCidadeEstadoPavillónCapacidadeTítulos
Alba BerlinBerlín AlemañaMax-Schmeling-Halle
8.200
0
ASVEL VilleurbanneVilleurbanne FranciaAstroballe
5.600
0
CSKA MoskowMoscova RusiaCSKA Universal Sports Hall
5.000
4
Efes PilsenIstambul TurquíaAyhan Şahenk
3.500
0
Iraklis BC SATesalónica GreciaIvanofio
2.400
0
KK Krka TelekomNovo Mesto EsloveniaDvorana Leona Štuklja
3.000
0
Lietuvos RytasVilnius LituaniaLietuvos ryto arena
2.000
0
Maccabi Tel AvivTel Aviv IsraelYad Eliyahu
10.000
2
Maccabi NessRa'anana IsraelRa'anana Sports Center
2.000
0
Montepaschi SienaSiena ItaliaPalaSclavo
6.000
0
Panathinaikos BSAAtenas GreciaOAKA Indoor Hall
18.825
2
PartizanBelgrado IugoslaviaHala Pionir
8.000
1
Pau OrthezPau FranciaPalais des Sports de Pau
7.500
0
Plannja BasketLuleå SueciaPontushallen
2.600
0
Scavolini BasketPesaro ItaliaAdriatic Arena
9.755
0
Osiguranje SplitSplit CroaciaSportski centar Gripe
3.500
3
Telindus OostendeOostende BélxicaSleuyter Arena
5.000
0
TSV Bayer 04Leverkusen AlemañaWilhelm Dopatka Halle
3.500
0
Ülker IstambulIstambul TurquíaAbdi İpekçi Arena
11.416
0
Zepter Idea ŚląskWrocław PoloniaHala Orbita
2.500
0

Formato

A competición comezou a andar cunha fase regular ("rolda de clasificación" ou "Qualification Round"), na que os vinte equipos que formaban parte da competición dividíronse en dous grupos de dez equipos cada un. Cada equipo xogou contra o resto do seu grupo en partidos de ida e volta, o que resultou en dezaoito partidos para cada equipo.

Os oito mellores equipos de cada grupo avanzaron á rolda de oitavos de final, e os gañadores avanzaraon aos cuartos. Ámabalas roldas disputáronse ao mellor de tres partidos cun sistema de playoffs. Os equipos que resultaron vencedores nos cuartos de final clasificáronse para a Final Four, que se celebrou no Palais Omnisport de Bercy en París, entre o 10 e o 13 de maio de 2001.

Rolda de clasificación

Os oito primeiros de cada grupo clasifícanse á rolda de oitavos de final.

Clave para os grupos
Clasificados para oitavos de final

Grupo A

EquipoPXPGPPPFPCDif
1. Panathinaikos BSA1813514771364113
2. CSKA Moscova181261429137653
3. Osiguranje Split181261363133528
4. Ülker Istambul181171481141962
5. Alba Berlin18991439140831
6. ASVEL Villeurbanne18991413140013
7. Lietuvos Rytas1871115221536-14
8. Zepter Idea Śląsk1871114321446-14
9. Montepaschi Siena1861214061495-89
10. Maccabi Raanana1841412941477-183

Grupo B

EquipoPXPGPPPFPCDif
1. Maccabi Tel Aviv1815316161343273
2. Efes Pilsen181351478138692
3. Partizan1811714921517-25
4. Iraklis BC SA1810814941504-10
5. Scavolini Basket18991594151876
6. Pau Orthez18991486143254
7. Telindus Oostende1881014781544-66
8. KK Krka Telecom1871114011487-86
9. TSV Bayer 041861215591624-65
10. Plannja Basket1821613941637-243

Oitavos de final

Os vencedores de cada eliminatoria pasaron xogar os cuartos de final. Cada un dos partidos de oitavos de final xogouse ao mellor de tres, pasando entón de rolda o primeiro en acadar dúas vitorias. Os cruces foron entre os equipos que quedaron en primeiro lugar na fase de clasificación dun grupo e os oitavos do outro, o segundo co sétimo, e así sucesivamente, xogando o mellor clasificado o primeiro encontro na casa.

Equipo 1Agr.Equipo 2Xogo 1Xogo 2Xogo 3
1Maccabi Tel Aviv 2 – 0 Zepter Idea Śląsk81 - 7585 - 62
2Ülker Istambul 1 – 2 Scavolini Basket91 - 8183 - 9685 - 88
3Partizan 1 – 2 ASVEL Villeurbanne80 - 7376 - 9462 - 73
4CSKA Moscova 2 – 0 Telindus Oostende94 - 7677 - 70
5Efes Pilsen 2 – 1 Lietuvos Rytas89 - 7869 - 7386 - 67
6Osiguranje Split 2 – 0 Pau Orthez79 - 7885 - 83
7Iraklis BC SA 1 – 2 Alba Berlin78 - 6777 - 8875 - 86
8Panathinaikos BSA 2 – 0 KK Krka Telekom82 - 6584 - 79

Cuartos de final

Os vencedores de cada eliminatoria pasou xogar a Final Four. Cada un dos partidos de cuartos de final xogouse ao mellor de tres, pasando entón de rolda o primeiro en acadar dúas vitorias. O primeiro partido, e o terceiro partido cando houbo, xogou na casa do mellor clasificado na fase regular.

Equipo 1Agr.Equipo 2Xogo 1Xogo 2Xogo 3
1Maccabi Tel Aviv 2 – 0 Scavolini Basket80 - 6985 - 62
2CSKA Moscova 2 – 0 ASVEL Villeurbanne78 - 6382 - 76
3Efes Pilsen 2 – 1 Osiguranje Split95 - 6964 - 7282 - 59
4Panathinaikos BSA 2 – 0 Alba Berlin87 - 7771 - 69

Final Four

A Final Four da Suproliga foi xogada no Palais Omnisports de Paris-Bercy en París, Francia, entre o 11 e o 13 de maio de 2001.

Semifinais

Semifinal 1
11 de maio de 2001
18:00
(Informe)Maccabi Tel Aviv 86–80 CSKA MoscovaPalais de Bercy, París
Asistencia: 13.200
Marcador por cuartos: 21-19, 16-24, 23-9, 26-28
Pts: Huffman 17
Rebs: Parker 9
Asists: Parker 7
Pts: Kirilenko 23
Rebs: Kirilenko 11
Asists: Kirilenko 2
Semifinal 2
11 de maio de 2001
20:30
(Informe)Panathinaikos BSA 74–66 Efes PilsenPalais de Bercy, París
Asistencia: 13.200
Marcador por cuartos: 23-10, 15-13, 15-25, 21-18
Pts: Bodiroga 22
Rebs: Alvertis 6
Asists: Bodiroga 5
Pts: Onan 15
Rebs: Besok 8
Asists: Onan 3

Terceiro posto

13 de maio de 2001
18:00
(Informe)Efes Pilsen 91–85 CSKA MoscovaPalais de Bercy, París
Asistencia: 13.200
Marcador por cuartos: 14-17, 29-31, 17-20, 25-23
Pts: Drobnjak 25
Rebs: Besok 9
Asists: Mulaomerović 12
Pts: Morgunov 16
Rebs: Morgunov 12
Asists: Domani 4

Final

13 de maio de 2001
20:30
(Informe)Maccabi Tel Aviv 81–67 Panathinaikos BSAPalais de Bercy, París
Asistencia: 13.200
Marcador por cuartos: 15-13, 22-10, 17-25, 27-19
Pts: McDonald 21
Rebs: Huffman 9
Asists: McDonald 9
Pts: Bodiroga 27
Rebs: Fotsis 8
Asists: Koch 3


 SemifinaisFinal
  Maccabi Tel Aviv  86 
  CSKA Moscova  80 
 
    Maccabi Tel Aviv  81
   Panathinaikos BSA  67
Terceiro posto
  Panathinaikos BSA  74  Efes Pilsen  91
  Efes Pilsen  66   CSKA Moscova  85


SuproLeague Champions


Maccabi Tel Aviv B.C.
מכבי תל אביב
Terceiro título

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas