Superlativo
Superlativo enténdese en lingüística por aumentativo, unha das posibilidades de gradación que pode achegar o adxectivo e en concreto aquela que permite a esta clase de palabra atribuír unha calidade no seu máis alto grao. Hai que distinguir dous tipos:
Superlativo absoluto e superlativo relativo
Superlativo absoluto
O adxectivo atribúe a calidade no seu máis alto grao, sen establecer comparación ou relación ningunha. Entre as posibilidades de que dispón o galego para a gradación absoluta, temos formas ou procedementos sintéticos e analíticos.
- Sintéticos:
- O sufixo -Ísimo (con morfemas de xº e nº) engadido ós adxectivos en grao positivo: home fortísimo.
- As formacións sintéticas latinas que seguen vixentes na actualidade son menos produtivas e alternan coa forma analítica "moi + adxectivo en grao positivo" ou o "adxectivo + -ísimo": alto-supremo, baixo-ínfimo, bo-óptimo, grande-máximo, malo-pésimo, pequeno-mínimo-: É un caldo pésimo
- Adxectivo con prefixos re- , arqui-, super-, hiper-, ultra-, requete-,...: ultramoderno, hipersensible.
- Adxectivo con sufixos alterativos: -ón, -echo, -ucho, pero sobre todo -iño/-a que non supón diminución, senón que expresa que a calidade se atopa nun grao moi alto: Está moi fracucho, "é altiño",...
- Analíticos:
- Construción "moi + adxectivo".
- Poden aparecer outros adverbios de cantidade (bastante, algo , pouco, case, abondo,....) e tamén de modo con valor cuántico (ben, extraordinariamente, tremendamnente, extremadamente, sorprendentemente...): É tremendamente procaz. É parvo abondo
- A repetición do adxectivo: pilabán pillabán (nivel coloquial)
Superlativo relativo
Dáse a atribución a un obxecto do grao máis alto posible dunha calidade con respecto ós demais cos que se pode comparar: É mais alto ca ti. É máis alto do que es ti. É o máis alto dos dous.
Ligazóns externas
🔥 Top keywords: PortadaÁlvaro MorataEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesVerónica BoqueteEurocopa de FútbolAymeric LaporteDani CarvajalShannen DohertyJesús NavasJoselu MatoEstadio Olímpico de BerlínEleccións ao Parlamento Europeo de 2024Selección de fútbol de EspañaIñaki WilliamsJude BellinghamSegunda guerra mundialJosé Ramón GarcíaRafael NadalLuke PerryPablo AmoWilli BaumeisterDonald TrumpTubingaSan Román de Vilaestrofe, CervoAWStatsWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXISelección de fútbol de InglaterraPosicións sexuaisGaliciaAxuda:Cambios relacionadosBlas de LezoGrand Slam (tenis)Novak ĐokovićMartín ZubimendiBenito KamelasLista de castelos de PortugalWikipediaAndrés Iniesta