Stenodus

Stenodus

Stenodus nelma,
pescado no curso medio do río Obi
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Infrafilo:Gnathostomata
Superclase:Osteichthyes
Clase:Actinopterygii
Subclase:Neopterygii
Infraclase:Teleostei
Superorde:Protacanthopterygii
Orde:Salmoniformes
Familia:Salmonidae
Subfamilia:Coregoninae
Xénero:Stenodus
Richardson, 1836
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Stenodus é un xénero de peixes osteíctios da familia dos salmónidos, un dos tres comprendidos na subfamilia dos coregoninos.[1][2][3]

Exemplares de S. nelma pescados a través dun burato practicado no xeo

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1836 polo explorador, médico cirurxián, militar e naturalista escocés John Richardson,[1][2][3] e publicado en: Richardson. J. "Fishes". En Back, G. Narrative of the Arctic land expedition to the mouth of the Great Fish River, and along the shores of the Arctic Ocean in the years 1833, 1834, and 1835. Londres. 1-663.

Etimoloxía

O nome científico Stenodus está formado pola unión dos elementos do latín científico sten- e -odus, tirados do grego antigo στενός stenós, "estreito", e ὀδούς, odoús, "dente", respectivamente.[4] Literalmente, "os de dentes estreitos".

Sinónimo

Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

  • Luciotrutta Günther, 1866

Especies

O xénero comprende tan só dúas especies:[1][2][3]

  • Stenodus leucichthys (Güldenstädt, 1772) - Extinto na natureza, pero aínda presente en catividade.[5]
  • Stenodus nelma (Pallas, 1773) - Que vive nos ríos da conca ártica.

Nota etimolóxica

Até datas recentes considerábase un xénero monoespecífico con dúas subespecies, pero recentemente considéranse as dúas especies citadas.[6]

Características

Son peixes dulciacuícolas que habitan en ríos que desembocan no océano Ártico e en ríos tributarios do mar Caspio.[7]

Anatomica e xeneticamente son silimares aos outros corégonos, pero de corpo máis esvelto.[8][9]

As especies do xénero Stenodus distínguese dos outros corégonos polo seu moito maior tamaño e a súa morfoloxía, especializada na depredación.[10][11]

Relacións co home

Son especies de escasa pesca comercial, pero que presentan un gran potencial para o seu potencial cultivo en acuicultura, e teñen un grande interese na pesca deportiva.[12]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos