Stan Valckx

futbolista neerlandés

Stanislaus Henricus Christina Valckx, máis coñecido como Stan Valckx, nado en Arcen o 20 de outubro de 1963) é un exfutbolista neerlandés que xogaba como defensa central.[1]

Stan Valckx
Información persoal
NomeStanislaus Henricus Christina Valckx
Nacemento20 de outubro de 1963
Lugar de nacementoArcen
Altura1,81 m.
PosiciónDefensa central
Carreira xuvenil
–1982RKDEV
1982–1983VVV
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1982–1988VVV146(15)
1988–1992PSV115(5)
1992–1994Sporting69(5)
1994–2000PSV106(5)
Total434(30)
Selección nacional
1990–1996Países Baixos20(0)
Na rede
FIFA: 113571 UEFA: 1207 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nacido na vila limburguesa de Arcen, comezou a súa carreira como futbolista no RKDEV, pasando na tempada 1982/83 ao VVV-Venlo, da segunda división neerlandesa. Militou nese equipo durante seis tempadas, as tres últimas na Eredivisie, á que o club ascendeu na campaña 1984/85.

En 1988 fichou polo PSV Eindhoven e ao pouco de chegar disputou co equipo de Brabante do Norte a Copa Intercontinental no Estadio Nacional de Toquio, perdendo diante do Nacional de Montevideo na quenda de penaltis. Valckx foi fundamental na conquista de tres ligas e dúas Copas dos Países Baixos nos seguintes anos.

En 1992 deixou o seu país para xogar co Sporting de Portugal, equipo no que militou durante os seguintes dous anos. En outubro de 1994 volveu ao PSV, co que gañou outras dúas ligas e outra copa antes de retirarse en xuño de 2000, con case 37 anos de idade e con máis de 500 partidos oficiais no seu haber.

Selección nacional

Foi 20 veces internacional coa selección dos Países Baixos, coa que debutou o 26 de setembro de 1990 nun amigable contra Italia (0-0). Disputou coa selección neerlandesa o Mundial de 1994, no que xogou catro partidos, caendo nos cuartos de final a mans do posterior campión, o Brasil.

Trala retirada

Posteriormente foi durante anos director deportivo do PSV e máis tarde ocupou un posto semellante no Shanghai Shenhua FC da China e no Wisła Kraków de Polonia. En 2014 volveu ao VVV como asesor técnico.

Palmarés

PSV

  • Eredivisie (5): 1988/89, 1990/91, 1991/92, 1996/97, 1999/00.
  • Copa KNVB (3):: 1988/89, 1989/90, 1995/96.
  • Supercopa dos Países Baixos (3): 1996, 1997, 1998.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas