St. Jakob-Park

O St. Jakob Park (en galego: Parque San Xacobe) é un estadio dedicado para a práctica do fútbol, situado en Basilea, no cantón de Basilea-Cidade, en Suíza. Nel xoga como local o FC Basel e ten unha capacidade de 42.500 espectadores. A súa dirección é St. Jakobs-Strasse, 395. 4020 Basel.

St. Jakob Park
Datos
Coordenadas47°32′29″N 7°37′12″L / 47.541389, 7.627°37′12″L / 47.541389, 7.62
LocalizaciónSt. Jakobs-Strasse, 395
Basilea, Suíza
Construción
Inauguración15 de marzo de 2001
ArquitectoHerzog & de Meuron
Custo220 millóns de CHF
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105x68
Capacidade42.500
PropietarioBasel United AG
LocalíaFC Basel
Eventos
editar datos en Wikidata ]

Historia

Inaugurado o 25 de abril de 1954 cun amigable entre Suíza e RF Alemá, foi sede do Mundial de 1954, incluíndo o histórico 8 a 3 entre a Hungría e a RF Alemá, na 1ª Fase.

En 1998 o antigo estadio foi demolido e comezou a construción do novo St. Jakob-Park, que durou dous anos e medio, sendo inaugurado o 15 de marzo de 2001, custando 220 millóns de francos suízos.

Foi sede do partido inaugural do Eurocopa de 2008, ademais doutros 5 encontros.

Encontros disputados na Eurocopa de 2008

Encontros do Grupo A

7 de xuño
 Suíza0  República Checa1
11 de xuño
 Suíza1  Turquía2

Cuartos de final

19 de xuño
 Portugal2  Alemaña3
21 de xuño
 Países Baixos1  Rusia3

Semifinal

25 de xuño
 Alemaña3  Turquía2
Vista panorámica do St. Jacob-Park

Ligazóns externas