Soiuz TMA-18

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz TMA-18 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 2 de abril de 2010 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Soiuz TMA-18
TipoTripulada
Data de lanzamento2 de abril de 2010, 4:04 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión176,05 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso20 de abril de 2010, 5:23 GMT[1][5]
NSSDC ID2010-011A
Masa7200 kg[5]

Características

Soiuz TMA-18 foi lanzada cos cosmonautas Tracy Caldwell Dyson, Mikhail Kornienko e Aleksandr Skvortsov a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo unha misión de seis meses. Durante a súa estancia a ISS recibiu a visita das misións STS-131 e STS-132 e dos cargueiros Progress M-05M, Progress M-06M e Progress M-07M. A nave regresou o 20 de abril de 2010 ás 5:23 GMT, un día máis tarde do previsto ao xurdir problemas co peche estanco entra a Soiuz e a ISS.[2][3][4]

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-7 estaba formada por Scott Kelly, Aleksandr Samokutiaiev e Andrei Borisenko.[5][2]

Véxase tamén

Outros artigos

Notas