Soiuz MS-06

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz MS-06 foi unha misión espacial tripulada de Rusia lanzada o 12 de setembro de 2017 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][6]

Soiuz MS-06
Engalaxe da Soiuz MS-06.
TipoTripulada
Data de lanzamento12 de setembro de 2017[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][6][5]
Regreso28 de febreiro de 2018[1][5]
NSSDC ID2017-054A

Características

Soiuz MS-06, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Alexander Misurkin (comandante), Mark T. Vande Hei (enxeñeiro de voo) e Joseph Acaba (enxeñeiro de voo) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación seis horas despois do seu lanzamento, acoplándose ao módulo Poisk e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 53, Sergei Riazanski, Randy Bresnik e Paolo Nespoli, e comezando a Expedición 54. Durante a misión, Misurkin xunto con Anton Shkaplerov, (da Soiuz MS-07), levaron a cabo un paseo espacial para desmontar un receptor de radio e soltalo para reentrar na atmosfera e instalar un novo receptor para que o segmento ruso poida comunicarse a través dos satélites Luch cara terra. Despois de cinco meses e medio de misión, os membros da Soiuz MS-06 cederon o mando da estación aos membros da Expedición 54. A Soiuz MS-06 desacoplouse do módulo Poisk o 27 de febreiro, tocando terra case tres horas e media máis tarde.[2][3][4][6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos