Sofía Castañón
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
![]() (2014) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1983 ![]() Xixón, España ![]() |
![]() | |
Representa: Unidas Podemos 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Asturias (en) ![]() | |
![]() | |
17 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias (en) ![]() | |
![]() | |
13 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias (en) ![]() Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
![]() | |
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias (en) ![]() Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Oviedo ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | escritora , política , xornalista , directora de cinema ![]() |
Partido político | Podemos Unidas Podemos ![]() |
Movemento | Feminismo ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua asturiana ![]() |
Páxina web | sofiacastanon.es ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sofía Fernández Castañón, coñecida como Sofía Castañón, nada en Xixón o 1 de novembro de 1983, é unha poeta, escritora, realizadora audiovisual e política asturiana. Traballou en prensa escrita, televisión e radio e recibiu varios premios de poesía. Dende xaneiro de 2016 é deputada de Podemos por Asturias na XI e XII Lexislaturas do Congreso, é voceira da Comisión de Igualdade e da Subcomisión de Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero. O 18 de febreiro de 2017, foi elixida secretaria de Feminismos Interseccional e LGBTI da Executiva de Podemos. Dende febreiro de 2017 é membro do Consello Estatal de Podemos.
Un dos seus avós era capataz de minas e a súa familia procede da Conca del Caudal.[1] Filla da escritora asturiana Laura Castañón, medrou rodeada de libros.[2] Cursou estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Oviedo[3] e compaxina a súa actividade poética pola que recibiu varios premios co seu traballo xornalístico e con talleres de escritura creativa.[4] Ten publicados varios libros de poesía en castelán e asturiano, polos que recibiu premios como o Asturias Joven en 2006, o Pablo García Baena de Poesía Joven en 2007 ou o Nené Losada Rico en 2009.
De 2009-2010 foi bolseira de creación do Concello de Madrid na Residencia de Estudantes e foi unha dos poetas Voz + Nova 2010 da Casa Acesa.