Soñeiro, Sada

parroquia civil do concello de Sada

San Xián de Soñeiro é unha parroquia localizada no sur do concello coruñés de Sada. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 732 habitantes (368 homes e 364 mulleres), o que supón unha diminución en 4 habitantes en relación ao ano anterior.

San Xián de Soñeiro
Cruceiro en Soñeiro. Ao fondo a capela do Espírito Santo.
ConcelloSada[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°19′39″N 8°17′26″O / 43.3276, -8.29058°17′26″O / 43.3276, -8.2905
Poboación756 hab. (2019)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

A comezos do século XX fundáronse na zona as sociedades agrarias Agricultores del país e La defensa del agricultor.

Cultura

Topónimo

Soñeiro é un topónimo latino que posiblemente proveña do antropónimo Suarius e que aparecería entre o século VII e X. A hipótese dese antropónimo é por estar cartografado o lugar como Sunario.[2][3]

Patrimonio

Destaca a súa arquitectura relixiosa, coa igrexa parroquial de San Xián, de mediados do século XIX, o seu cruceiro e a capela do Espírito Santo. Tamén existen mostras apreciables de arquitectura popular.

Lugares e parroquias

Lugares de Soñeiro

Lugares da parroquia de Soñeiro no concello de Sada (Coruña)

Agra | As Agras | Alborelle | Os Cabidos | Campo de Sar | Coiro | Costa | A Cova | O Espírito Santo | Fonte Boa | Fonte da Vila | Mandín | As Valías | Vilabranca

Parroquias de Sada

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sada

Carnoedo (Santo André) | Meirás (San Martiño) | Mondego (San Xián) | Mosteirón (San Nicolao) | Osedo (San Xián) | Sada (Santa María) | Soñeiro (San Xián) | Veigue (Santa Comba)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2014). "San Xián de Soñeiro". A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (37). 

Outros artigos