Skibbereen

Skibbereen (en irlandés: An Sciobairín) é unha localidade situada no condado de Cork da provincia de Munster (República de Irlanda), cunha poboación no 2016 de 2778 habitantes.[1] Skibbereen está situada no suroeste do país, a pouca distancia da cidade de Cork e da costa do océano Atlántico.

Modelo:Xeografía políticaSkibbereen
Imaxe

Localización
Mapa
 51°32′55″N 9°15′49″O / 51.5486, -9.26369°15′49″O / 51.5486, -9.2636
EstadoIrlanda
ProvinciasMunster
CondadosCondado de Cork Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie8,59 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude5 m Editar o valor em Wikidata

Historia

A Fame

A vila de Skibeeren foi duramente golpeada pola Gran Fame (en irlandés: an Gorta Mór) entre os anos 1845 e 1852, como relata o maxistrado Nicholas Cummins nunha carta dirixida a Arthur Wellesley, duque de Wellington, e publicada no xornal The Times de Londres na Noiteboa de 1846.[2] O Skibbereen Heritage Centre estima que entre 8,000 e 10,000 vítimas da Gran Fame están enterradas nas fosas do cemiterio de Abbeystrewery, preto da vila. A pesar de que a exactitude dos datos da época da fame é cuestionada, os rexistros indican un descenso da poboación de 58,335 habitantes en 1841 a 32,412 en 1861.

Skibbereen tamén é o nome dunha canción sobre a Gran Fame, e o impacto que esta mais o goberno británico tiveron nas xentes de Irlanda. A canción, coñecida coma Dear Old Skibbereen, adopta a forma de conversación entre un pai e o seu fillo. Nela, o fillo pregunta ao pai por que emigrou da terra que el quería tanto.

No Skibbereen Heritage Centre hai unha exhibición permanente para conmemorar a memoria das vítimas da Gran Fame. O pobo tamén foi o punto central do primeiro National Famine Memorial Day de Irlanda, o 17 de maio do 2009. Skibbereen foi seleccionada por ser unha das zonas máis gravemente afectadas pola Gran Fame. O comité da conmemoración acordou que a peza central do día da memoria rotase entre as catro provincias irlandesas cunha frecuencia anual.

Notas

Véxase tamén


 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.