Sith

No universo de Star Wars os Sith son un grupo de seguidores do Lado Escuro da Forza (véxase "Forza (Star Wars)"). Son os inimigos dos Jedi.

A palabra Sit significa "fada" en celta.[Cómpre referencia]

Introdución

Un Sith é unha raza sensible á Forza, do mesmo xeito que o son os Jedi. Con todo, os Sith diferéncianse moito destes últimos. Un Jedi obtén o poder na Forza mediante a meditación, a paz interior, e o dominio do medo, así como do odio, o anoxo e a agresividade. Os Sith fan todo o contrario, co mesmo obxectivo (que é o poder na Forza). Eles non dominan para nada o seu temor, pola contra, este termina axudándoos. Cando loitan fano con odio, violencia, e furia, que pode chegar a converterse en ira.

De feito, a ideoloxía Sith consiste no actuar con anoxo, e non con sabedoría e lóxica. Consiste tamén en que un Sith debe obter o poder para se beneficiar soamente a si mesmo, o cal é contrario aos Jedi, que queren o poder para manter a paz na galaxia e beneficiar aos demais.

A vantaxe que posúen os Sith sobre os Jedi é que os primeiros utilizan o Lado Escuro e non o Lado Luminoso da Forza. E sucede que o Lado Escuro outorga poder máis fácil e rapidamente, debéndose isto a que é máis doado odiar que acougar o odio. Pero á súa vez, os Sith teñen unha desvantaxe, que é que o poder pódese volver en contra deles, volvéndoos tan malvados, egoístas, egocéntricos, tiranos e desapiadados que terminan sen ter absolutamente ningún ser querido excepto, obviamente, eles mesmos, por iso é moi común que un aprendiz traizoe ao seu mestre.

Os Sith utilizan sabre láser de cor vermella, a cal representa o poder, a paixón, o odio e a morte. O cristal que produce a cor vermella na espada de luz é artificial e creada polos mesmos Sith, a diferenza dos que producen as cores azul e verde, as cales son atopadas en cavernas naturais. Estas dúas últimas cores, entre outras poucas, son usadas polos Jedi, que representan a paz, a sabedoría e a orde.

Código Sith

Este código Sith é o que aparece en Knights of the Old Republic:

  • A paz é unha mentira, só existe o odio.
  • O amor é unha mentira, só existe a paixón.
  • A través da paixón, obteño fortaleza.
  • A través da fortaleza, obteño poder.
  • A través do poder, obteño a vitoria.
  • A través da vitoria, as miñas cadeas son rotas.
  • A Forza libérame.

Grandes Figuras do Sith

  • Xendor, O primeiro Jedi Escuro.
  • Darth, O máis importante e hábil dos Señores escuros algunha vez existentes, e puro na Raza sith
  • Maul Ororchi, Fillo e sucesor de Darth.
  • Darth Basus, Antigo Señor escuro dos Sith
  • Ajunta Pall, Lord Escuro dos Sith
  • Marka Ragnos, Lord Escuro dos Sith.
  • Ludo Kressh, Lord Escuro dos Sith
  • Naga Sadow, Lord Escuro dos Sith.
  • Freedon Nadd, Lord Escuro dos Sith e traidor Jedi
  • Exar Kun, Lord Escuro dos Sith durante a Guerra Sith.
  • Ulic Qel-Droma, Jedi gardián da emperatriz Teta e cabaleiro Sith en segredo.
  • Darth Revan, Jedi líder nas Guerras Mandalorianas e Lord Escuro do Sith despois.
  • Darth Malak, aprendiz de Revan e logo Lord Escuro do Sith.
  • Darth Bandon, aprendiz de Darth Malak.
  • Darth Joss, Lord Escuro dos Sith.
  • Darth Sion, Lord Escuro dos sith logo de Darth Malak e aprendiz de Darth Traya.
  • Darth Nihilus, Lord Escuro dos sith e aprendiz de Darth Traya.
  • Darth Traya, Lady Escura dos sith.
  • Dathka Graush, un dos primeiros Lores Escuros do Sith
  • Darth Bane, Lord Escuro dos Sith, único supervivente Sith de Ruusan.
  • Darth Zannah, Lady Escura dos Sith e aprendiza de Bane.
  • Darth Plagueis, Lord Escuro dos Sith mestre de Darth Sidious
  • Darth Sidious, Lord Escuro dos Sith, Palpatine "o Emperador"
  • Darth Maul, Lord Sith aprendiz de Darth Sidious.
  • Darth Tyranus, Lord Sith tamén coñecido como Conde Dooku, aprendiz de Darth Sidious, un Jedi caído.
  • Darth Vader, Lord Sith antes coñecido como Anakin Skywalker
  • Jerec, Lord Escuro dos Sith que descobre o Val do Jedi. Foi asesinado por Kyle Katarn
  • Yun, Primeiro Cabaleiro sith de Jerec. Enfrontouse a Kyle Katarn e este, perdooulle a vida. Logo, traizoa ao seu mestre salvándolle a vida e entregándolle o seu Sabre de Luz a Kyle Katarn.
  • Desann (Darth Sann), Lord Sith que se enfrontou a Kyle Katarn
  • Sariss Aprendiza e unha dos 6 cabaleiros sith do lord Escuro Jerec
  • Lumiya, Lady Escura dos Sith, aprendiza de Vader e primeira Sith da Nova Orde Sith.
  • Darth Talon. Señora Twilek escura do Sith.
  • Mara Jade, A Man do Emperador, que trala morte do Emperador uniuse á Nova República, e máis adiante casa con Luke Skywalker e ten un fillo chamado de Ben Skywalker.
  • Maw. Aprendiz de Jerec. Foi asasinado por Kyle Katarn en Ruusan.
  • Boc. Un dos seis jedis escuros de Jerec. Foi asasinado por Kyle Katarn no Val dos Jedis.