Significant Other é o segundo álbum da banda estadounidense de nu metal Limp Bizkit, publicado o 22 de xuño de 1999 a través de Flip/Interscope Records. No disco o grupo expande o seu son con respecto ao seu primeiro traballo, Three Dollar Bill, Yall, incorporando máis influencias rock e hip hop. Significant Other foi coporoducido por Terry Date e Limp Bizkit. O disco tivo controversia debido á actuación do grupo en Woodstock 1999, no cal estoupou a violencia durante a canción "Break Stuff". Porén, a controversia non afectou ao éxito do álbum, xa que Significant Other tivo boas vendas, chegando ao número 1 da lista Billboard 200. A recepción da crítica foi favorable, destacando o son único do traballo e a interpretación da banda, factores que consideraron unha mellora con respecto ao seu disco de estrea.
Significant Other |
---|
Álbum de Limp Bizkit |
---|
Publicado | 22 de xuño de 1999 |
---|
Gravación | novembro de 1998 - febreiro de 1999 |
---|
Estudio(s) | NRG Recording Services en North Hollywood, California |
---|
Duración | 62:35 |
---|
Xénero(s) | nu metal, rap metal |
---|
Selo(s) | Flip/Interscope |
---|
Producido por | Terry Date e Limp Bizkit |
---|
Cronoloxía |
---|
|
|
Listaxe de cancións
Todas as letras escritas por Fred Durst, agás onde se indique, toda a música composta por Wes Borland, John Otto e Sam Rivers, agás onde se indique.
N.º | Título | Letras | Música | Duración |
1. | "Intro" | | | 0:37 |
2. | "Just Like This" | | | 3:35 |
3. | "Nookie" | | | 4:49 |
4. | "Break Stuff" | | | 2:47 |
5. | "Re-Arranged" | | | 5:54 |
6. | "I'm Broke" | | | 3:59 |
7. | "Nobody Like You" (con Jonathan Davis e Scott Weiland) | Jonathan Davis, Durst, Scott Weiland | | 4:20 |
8. | "Don't Go Off Wandering" | | | 4:00 |
9. | "9 Teen 90 Nine" | | | 4:36 |
10. | "N 2 Gether Now" (featuring Method Man) | Durst, Clifford Smith | Chris Martin | 4:49 |
11. | "Trust?" | | | 4:59 |
12. | "No Sex" (con Aaron Lewis) | | Borland, Brendan O'Brien, Otto, Rivers | 3:54 |
13. | "Show Me What You Got" | | | 4:27 |
14. | "A Lesson Learned" | | | 2:40 |
15. | "Outro" | | | 7:17 |
16. | "Non-Musical Silence" | | | 0:04 |
62:35 |