Sica (filme)

filme de 2023 dirixido por Carla Subirana

Sica é un filme español de 2023 escrito e dirixido por Carla Subirana. O filme rodouse na Costa da Morte e presentouse na 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín en febreiro de 2023, concretamente na sección "Generation". Foi o filme de peche do Festival Internacional de Barcelona-Sant Jordi en abril de 2023.[2]

Sica
Ficha técnica
Título orixinalSica
DirectorCarla Subirana
IntérpretesThais García Blanco
Núria Prims
Lois Soaxe
Estrea2023
Duración91 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama
Recadación36.392,36 €[1]
Na rede
IMDB: tt11647490 Editar o valor em Wikidata

A música é de Xavier Font e a fotografía de Mauro Herce.[3] A produción, de Alba Sotorra, Miramemira, Zuzú Cinema, Amorambre Films e Filmmarket Fund,[4] contou coa participación de TV3. Foi rodado maioritariamente en galego e tamén en catalán.[4]

Sinopse

O filme explica a busca realizada por unha moza de 14 anos, Sica, obsesionada con que o mar devolva o cadáver do seu pai logo dun naufraxio na Costa da Morte, en Galicia. Sica busca obsesivamente a voz do seu pai nun gran buraco: a Furna das Grallas.[5][3]

Personaxes

  • Thais García Blanco como Sica
  • Núria Prims como Carmen
  • Lois Soaxe como o portugués

Notas

Véxase tamén

Outros artigos