Siarnaq (lúa)

Siarnaq ou Saturno XXIX é unha pequena lúa irregular de movemento directo do planeta Saturno. Foi descuberta por Brett J. Gladman no 2000[5][6], e déuselle a designación temporal de S/2000 S 3. En agosto do 2003 recibiría o seu nome oficial, procedente da mitoloxía inuit[7], onde Siarnaq (tamén coñecido coma Sedna) é un xigante.

Siarnaq
Descubrimento[1]
Descuberta porB. J. Gladman e o seu equipo.
Descuberta no2000
Designación alternativaSaturno XXIX
Características orbitais[2]
Época 2000 Feb. 26.00
Eixo semi-maior17,531 Gm
Excentricidade0,2961
Período orbital895,55 d
(2,45 a)
Inclinación46,0° *
Características físicas
Diámetro medio40 km[3] **
Período de rotación?
Albedo0,04 [3] asumido
Corvermello claro
B-V=0,87 R-V=0,48[4]
Tipo espectral?
*respecto da eclíptica **baseado no albedo

Órbita e características físicas

Os grupos de lúas irregulares de movemento directo de Saturno: Gallic (vermello) e Inuit (azul)

Esta lúa é o membro máis grande do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno. Siarnaq ten ó redor de 40 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media de 17,531 millóns de kms en 895 días. No diagrama da esquerda pódese ver graficamente a órbita desta lúa en relación coas outras lúas de movemento directo de Saturno, a excentricidade da órbita está representado polos segmentos amarelos que van dende o pericentro ó apocentro.

Siarnaq amosa un vermello claro e o seu espectro infravermello é moi semellante ó de Kiviuq e ó de Paaliaq, o cal soporta a tese dunha posible orixe común do Grupo Inuit a partir do esnaquizamento dun corpo máis grande[4][8][9].

Siarnaq semella estar nunha resonancia secular con Saturno, que incluiría a precesión da súa periapse e a do planeta.[10][1] Os estudos sobre estas resonancias son a chave para entende-los mecanismos para a capturas destas lúas irregulares, e asumindo unha orixe en común a partir dun corpo proxenitor, explicarían a actual dispersión dos elementos orbitais.

1A lonxitude da periapse da eclíptica do satélite e do planeta son fixas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas