Sevilla Atlético Club

(Redirección desde «Sevilla Atlético»)

O Sevilla Atlético Club é o equipo filial do Sevilla Fútbol Club. Foi fundado en 1958 e actualmente xoga na Segunda División B Española. No ano 2006 retomou a denominación orixinal de Sevilla Atlético, tras varios anos coa denominación de Sevilla Fútbol Club "B".

Sevilla Atlético
NomeSevilla Atlético Club
Alcume(s)Sevilla B,
Franjirrojos
Fundación1958
EstadioCidade Deportiva,
Sevilla, España
Inauguración1919
Capacidade2.500
PresidenteEspaña José María del Nido
AdestradorEspaña Ramón Tejada
Liga2ªB – Grupo 4
2011–1210º
Na rede
http://www.sevillafc.es/
Titular
Alternativo
Terceiro

O obxectivo do Sevilla Atlético non é a consecución de logros deportivos, senón a de formar xogadores xoves que logo poidan xogar no primeiro equipo.

Escudo

O Sevilla Atlético retomou na tempada 2006–07 o escudo que posuía nas súas orixes, sendo o contorno igual ao do primeiro equipo, con forma de corazón, pero percorrido por un dos monumentos máis emblemáticos da cidade de Sevilla, a Giralda. De esquerda a dereita percórreo unha franxa vermella. Un balón de fútbol antigo e as siglas SAC, de Sevilla Atlético Club, entrelazadas completan o escudo.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta branca cunha banda vermella cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón negro, medias negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella cunha banda branca cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón vermello, medias vermellas.
  • Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro, medias brancas.

Dáse a circunstancia de que o Sevilla Atlético é o único equipo filial dun club español que posúe un uniforme distinto ao do primeiro equipo.

Estadio

O Sevilla Atlético disputa habitualmente os seus partidos oficiais na Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios, no campo principal que ten capacidade para 5.500 espectadores e que é coñecido como Viejo Nervión. Porén, en varias ocasións, o Sevilla Atlético tamén disputou os seus partidos no estadio Sánchez Pizjuán con capacidade para 45.500 espectadores.

Con motivo do ascenso de categoría a Segunda División no ano 2007, e debido á normativa vixente que regula aos equipos que militan en categoría profesional, o club puxo en marcha un proceso de remodelación da Cidade Deportiva, o que supuxo aumentar o aforamento a 5.500 espectadores (antigamente era de 2.500), así como melloras nos accesos e outras instalacións.[1]

Datos do club

Xogadores 2009/10

PostoPaísXogador
1POR Ruyales
2DEF Morales
3DEF Redondo
4DEF Cala
5DEF Bernardo
6MED Barranco
7DEF Víctor Díaz
8MED Hugo
9DEL Carreño
10MED José Carlos
11MED Ríos
12MED Ikechi
13POR Juan Martín
14MED Adri
PostoPaísXogador
15MED Campaña
16DEL Pukki
17MED Javi Martínez
18DEL Rodry
19MED Salva
20DEF Valiente
21DEF Chuchi
22MED Sachetti
23DEF Luna
24DEF Moisés
25POR Dani Jiménez
26DEL Nene
27DEF Paco
28DEL Ñoño

Palmarés

Torneos nacionais

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas