Setsuko Hara

actriz xaponesa (1920–2015)

Setsuko Hara (原 節子 Hara Setsuko?), nada en Yokohama o 17 de xuño de 1920 e finada en Kanagawa o 5 de setembro de 2015, foi unha actriz xaponesa. En Occidente, é coñecida especialmente polas súas interpretacións en filmes de Yasujirō Ozu como Primavera tardía (1949) e Contos de Toquio (1953),[1] aínda que xa participara en 67 filmes antes de traballar co director.[2]

Infotaula de personaSetsuko Hara

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 原節子 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xuño de 1920 Editar o valor em Wikidata
Iocoama, Xapón Editar o valor em Wikidata
Morte5 de setembro de 2015 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Prefectura de Kanagawa, Xapón Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1935 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsYoshio Aida (en) Traducir e Sumiko Aida (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0361697 Allocine: 75 Rottentomatoes: celebrity/setsuko_hara Allmovie: p30276
BNE: XX1515518 WikiTree: 会田-1 Find a Grave: 155526417 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Inicios

Setsuko Hara naceu como Masae Aida (会田 昌江 Aida Masae?) na actual Hodogaya-ku, Yokohama nunha familia con tres fillos e cinco fillas. A súa irmá máis vella casou co director de cinema Hisatora Kumagai, que a introduciu no mundo do cinema, animándoa a que deixase a escola, o que fixo[3] e comezou a traballar para os estudios Nikkatsu en Tamagawa, nas aforas de Toquio, en 1935. Debutou aos quince anos co nome artístico escollido polo estudio[3] en Tamerafu Nakare Wakōdo Yo[4]

Comezou a destacara como actriz na coprodución xermano-xaponesa de 1937 Die Tochter des Samurai, coñecida no Xapón como Atarashiki Tsuchi ("A nova terra"), dirixida por Arnold Fanck e Mansaku Itami.[5] No filme, Hara interpreta unha muller que intenta sen éxito inmolarse nun volcán. Continuou a interpretar heroínas tráxicas en moitos dos seus filmes ata o final da segunda guerra mundial,[6] como en Kēkkon no seitaī (1942) e Aoi sanmyaku (1949), dirixidos por Tadashi Imai, e Kēssen no ōzora he, dirixido por Kunio Watanabe.[3]

Posguerra

Hara protagonizou o primeiro filme de posguerra de Akira Kurosawa, Waga seishun ni kuinashi (1946).[3] Tamén traballou co director Kimisaburo Yoshimura en Anjō-ke no butōkai (1947) e con Keisuke Kinoshita en Ojôsan kanpai (1949). En todos estes filmes, interpretou a "nova" muller xaponesa, arelando un futuro brillante. Porén, en moitos dos seus filmes, especialmente os dirixidos por Yasujirō Ozu e Mikio Naruse representou a típica muller xaponesa, actuando de filla, esposa ou nai.[1]

O primeiro dos seus seis filmes con Yasujirō Ozu foi Primavera tardía (1949), e a colaboración entre eles durou os seguintes vinte anos. En Primavera tardía interpretou a Noriko, unha filla devota que prefire quedar na casa coidando do seu pai en lugar de casar, a pesar dos rogos dos seus familiares. En Bakushū (1951), interpretou unha personaxe non relacionada tamén chamada Noriko, que quería casar e atopa o valor para facelo sen a aprobación da súa familia. A este seguinos Contos de Toquio (1953), quizais o filme máis célebre de Ozu, en que interpreta a unha viúva, tamén chamada Noriko, cuxo marido foi asasinado na guerra. A súa devoción polo home morte preocupa á súa familia política, que insiste en que debería mudarse ou volver casar.[5][7]

O último gran personaxe de Hara foi Riku, a esposa de Ōishi Yoshio, no filme Chushingura (1962).

Últimos anos

Hara, que nunca casou, foi alcumada "a virxe eterna" no Xapón[1] e é un símbolo da era dourada do cinema do Xapón da década de 1950[Cómpre referencia]. Abandonou a interpretación en 1963 (ano da morte de Ozu), e pasou unha vida recluída en Kamakura, onde se rodaron moitos dos filmes en que a dirixiu Ozu, rexeitando todas as entrevistas e fotografías.[1][8] Durante anos, a xente especulou sobre as razóns para que abandonase a vida pública. Hara confesou durante a súa última conferencia de prensa que realmente nunca gozou da interpretación e empregábao como medio para axudar a súa familia; non obstante, moita xente continuou a pensar na posibilidade de que tivese unha relación romántica con Ozu, ou a deteroración da súa vista.[1]

Tras ver a Hara nun filme, o novelista Shūsaku Endō escribiu: "Suspiraríamos ou deixaríamos saír unha grande exhalación do máis fondo do noso corazón, pero que o que nós sentimos foi precisamente isto: Pode ser posible que haxe unha muller así no mundo?"[9]

Tras máis de cincuenta anos de reclusión, Hara faleceu de pneumonía no hospital da prefectura de Kanagawa o 5 de setembro de 2105, aos 95 anos. A súa morte non foi recollida nos medios de comunicación ata o 25 de novembro dese ano debido a que a súa familia non achegou a información antes, seguramente por privacidade.[3][10][11] O filme anime Sennen Joyū (2001), dirixido por Satoshi Kon, está baseado en parte na súa vida, aínda que foi producido e estreado máis dunha década antes da súa morte.[1]

Filmografía seleccionada

  • Kōchiyama Sōshun (1936)
  • Die Tochter des Samurai (1937)
  • Kyojinden (1938)
  • Totsugu hi made (1940)
  • Hawai Mare Oki Kaisen (1942)
  • Ahen senso (1943)
  • Waga seishun ni kuinashi (1946)
  • Anjō-ke no butōkai (1947)
  • Aoi sanmyaku (1949)
  • Primavera tardía (1949) (dirixido por Ozu)
  • Shirayuki-sensei to kodomo-tachi (1950)
  • Hakuchi (1951)
  • Meshi (1951)
  • Bakushū (1951) (dirixido por Ozu)
  • Contos de Toquio (1953) (dirixido por Ozu)
  • Yama no Oto (1954)
  • Non-chan Kumo ni Noru (1955)
  • Shūu (1956)
  • Ōban (1957)
  • Tōkyō boshoku (1957) (dirixido por Ozu)
  • Musume • tsuma • haha (1960)
  • Outono tardío (1960) (dirixido por Ozu)
  • Kohayagawa-ke no aki (1961) (dirixido por Ozu)
  • Chushingura (1962)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Karlsson, Mats. 'Setsuko Hara: Japan's Eternal Virgin and Reluctant Star of the Silver Screen.' In Stars in World Cinema: Screen Icons and Star Systems Across Cultures, ed. Andrea Bandhauer and Michelle Royer, pp. 51–63. I.B. Tauris. (2015) ISBN 1780769776
  • Weston, Mark. Giants of Japan: The Lives of Japan's Greatest Men and Women. Kodansha International. (2002) ISBN 1568363249
  • Yoshimoto, Mitsuhiro. Kurosawa: Film Studies and Japanese Cinema. Duke University Press. (2000) ISBN 0822325195

Ligazóns externas