Serie 596 de Renfe

A Serie 596 de Renfe (TRDL) é unha familia de automotores rexionais diésel dun só coche dedicados a cubrir liñas de Media Distancia de Renfe Operadora.

Un automotor S-596 estacionado en Ourense-Empalme.

Poden acadar unha velocidade máxima de 120 km/h en tipo A e realizan servizos denominados Rexional e Rexional Exprés. Ás veces son alcumadas como Tamagochi ou Galindos polo seu pequeno tamaño[1]. Tamén se lles alcuma como Tamagochis pola continua atención que requiren.

Historia

O nacemento desta serie responde á baixa demanda das liñas que atendían os automotores da serie 593, o que levou a que RENFE adoptara a decisión de crear un tren máis pequeno e lixeiro. En lugar de crear un novo modelo, e dado que estaban destinados a substituír a serie 593, RENFE construíu a serie 596 reformando trens da 593.

Cada unidade da serie 593 estaba composto de tres coches: dous motores extremos e un remolque intermedio. A serie 596 está composta dos motores extremos, obténdose dúas novas unidades e refugando o remolque intermedio.

A maior transformación consistiu en engadir unha cabina a cada motor polo lado no que antes estaba o remolque intermedio. Debido á escasa fiabilidade dos seus predecesores, RENFE tamén introduciu melloras no sistema de transmisión, como o autómata que coordina e sincroniza todos os movementos que afectan a engrenaxes e embragues. Ademais, modificouse a sala de viaxeiros. Toda a reforma levou a cabo no TCR de Integria en Valladolid.[2]

As 6 primeiras unidades reformadas tiñan un frontal semellante aos camelos 593 pero sen porta.

Servizos

Os 596 realizaron principalmente servizos denominados Rexional e Rexional Exprés, en liñas de baixa demanda (Granada-Linares-Baeza, A Coruña-Ferrol, A Coruña-Monforte de Lemos, Madrid-Chamartín-Soria, Zamora-Pobra de Seabra...) ou como tren de reforzo en liñas de maior demanda (Lleida-Pobla de Segur, Murcia-Cartaxena, Sevilla-Santa Justa-Osuna,...).

Na maioría das liñas foron relevados por trens con maior capacidade, en ocasións máis da necesaria.[3][4] Posteriormente, moitos trens foron recuperados para volver prestar servizo, tanto en liñas de baixa ocupación como en novos servizos turísticos cunha decoración especial.[5]

Notas