Sergio Llull

baloncestista español

Sergio Llull Melià, nado o 15 de novembro de 1987 en Maó, é un xogador de baloncesto profesional español que xoga para o Real Madrid da Liga ACB. Mide 1,92 metros, pesa 95 kg e pode xogar nas posicións de base e escolta.

Sergio Llull
Real Madrid  – No. 23
Información persoal
Nacemento15 de novembro de 1987 (36 anos)
Maó, Menorca
Nacionalidade España
Altura1,92 m (6 ft 3.75 in)
Peso oficial95 kg (210 lb)
PosiciónBase / Escolta
Liga ACB
Información da carreira
Carreiradende 2005
Historial de equipos

España Bàsquet Manresa (2005–2007)
España →Finques Olesa (2005–2006)
España Real Madrid (2007–presente)

Premios e galardóns

Traxectoria

Llull comezou xogando nas canteiras do La Salle Mahón e do CB i Unió Manresana. Fixo o seu debut na Liga ACB co Bàsquet Manresa na tempada 2005-06, o 8 de xaneiro de 2006. Esa mesma tempada xogou 11 partidos coma cedido no Finques Olesa. Á seguinte tempada estivo de volta no Manresa, e en maio de 2007 fichou polo Real Madrid.[1] En 2010, Llull estendeu o seu contrato co Real Madrid ata o ano 2014.[2]

Foi elixido polos Denver Nuggets na 34ª posición do Draft da NBA de 2009. Os Houston Rockets mercaron os seus dereitos por unha cantidade preto dos 2.25 millóns de dólares.[3]

Clubs

Palmarés

Selección

  • Medalla de ouro no Campionato de Europa Sub-18 2004.
  • Medalla de prata no Campionato de Europa Sub-20 2007.
  • Medalla de ouro no Eurobasket 2009 en Polonia.
  • Medalla de ouro no Eurobasket 2011 en Lituania.
  • Medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres.

Club

Real Madrid

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas