Sergio Gil

futbolista español

Sergio Gil Latorre, nado o 10 de maio de 1996 en Zaragoza (Aragón), é un futbolista profesional español da canteira do Real Zaragoza, que xoga como centrocampista no Extremadura UD da Segunda División.

Sergio Gil
Información persoal
NomeSergio Gil Latorre
Nacemento10 de maio de 1996 (28 anos)
Lugar de nacementoZaragoza
Altura1,83 m
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualCD Lugo
Número21
Carreira xuvenil
Zaragoza
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2014–2016Zaragoza B31(2)
2015–2016Zaragoza17(0)
2016–2019Lugo52(0)
2019−Extremadura3(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 16 de agosto de 2018editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nado en Zaragoza, Aragón, Gil formouse nas categorías inferiores do principal club da súa cidade natal, o Real Zaragoza. Tras progresar na canteira do club maño, asina un contrato co primeiro equipo o 7 de agosto de 2013, debutando co filial, o Real Zaragoza B, na Segunda División B. O 14 de marzo de 2015 xoga o seu primeiro partido como profesional no primeiro equipo, saíndo como en substitución de Ruiz de Galarreta no empate 0–0 ante o CD Lugo na Romareda. Para a temporada 2016−17, o seu bo rendemento chama a atención de equipo como o Olympique de Marsella,[1] o AS Mónaco ou o Villarreal CF.[2] Con todo, problemas co seu contrato complican a súa situación. Finalmente, o xogador é traspasado ao Club Deportivo Lugo o 31 de agosto de 2016, asinando co club galego un contrato por tres temporadas.

Clubs

ClubCategoríaAnoPXGoles
Real Zaragoza BSegunda B2014–2015191
Real ZaragozaSegunda2014–201530
Real ZaragozaSegunda2015–2016170
LugoSegunda2016–2017300
LugoSegunda2017–2018100
LugoSegunda2018–2019220

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas