Sergio Daniel Martínez
Sergio Daniel "Manteca" Martínez Alzuri, nado en Montevideo o 15 de febreiro de 1969, é un exfutbolista uruguaio. Xogaba de dianteiro e especialmente relevante foi a súa estadía no Boca Juniors, onde foi ídolo e marcou 87 goles. Foi internacional coa selección uruguaia.
Sergio Martínez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Sergio Daniel Martínez Alzuri | ||
Nacemento | 15 de febreiro de 1969 (55 anos) | ||
Lugar de nacemento | Montevideo e Barcelona | ||
Altura | 1,72 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1986–1990 | Defensor | 29 | (16) |
1991–1992 | Peñarol | 37 | (12) |
1992–1997 | Boca Juniors | 137 | (80) |
1997–1999 | Deportivo da Coruña | 3 | (0) |
2000–2001 | Nacional | 40 | (19) |
Selección nacional | |||
1988–1997 | Uruguai | 35 | (5) |
Na rede | |||
http://www.mantecamartinez.com | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
Debutou no Defensor Sporting do Uruguai o 16 de outubro de 1986 contra o Central Español (1–1). Neste club foi onde tamén onde se formou nas categorías inferiores e actuou como profesional durante catro anos (1986-1990). A continuación pasou ao CA Peñarol, tamén do Uruguai, onde marcou 20 tantos, até que chegou a Boca Juniors (Arxentina) en 1992, onde anotou 87 goles (sétimo goleador na historia do club) e se consagrou campión nun campionato local e unha Copa Suramericana. Continuou a súa carreira en España xogando para o Deportivo da Coruña desde 1998. Até que pasou ao Nacional de Montevideo no 2000, onde xogou até o seu retiro profesional en 2001, gañando os títulos de Primeira División en ambas tempadas.
Selección nacional
Martínez xogou 35 partidos coa Selección uruguaia e marcou 5 goles.[1] Foi campión da Copa América en 1995 en cuxa final marcou o gol decisivo na definición por penaltis fronte ó Brasil. Tamén participou na Copa do Mundo de Italia 90.