Sergey Brin
Serguéi Mijáilovich Brin, en cirílico ruso Сергей Михайлович Брин, nado en Moscova o 21 de agosto de 1973, é un científico da computación e empresario de Internet estadounidense de orixe rusa que, xunto a Larry Page, fundou Google, unha das máis rendibles, grandes e soadas compañías de Internet. En conxunto, Brin e Page aínda manteñen o control dun 16% da compañía. É á súa vez unha das persoas máis ricas do mundo, cunha fortuna persoal estimada en 39 800 millóns de dólares (outubro 2017).[1][2]
Vida persoal
O 7 de novembro de 2018 casou con Nicole Shanahan, unha fundadora de tecnoloxía legal. Teñen unha filla, nada a finais de 2018.[3] Brin e Shanahan separáronse o 15 de decembro de 2021 e Brin solicitou o divorcio o 4 de xaneiro de 2022.[4] Segundo un informe de The Wall Street Journal, a causa da súa ruptura foi un romance entre Shanahan e Elon Musk, unha afirmación desmentida por Musk e Shanahan.[5][6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
![]() | Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |