Serge Leuko

futbolista camerunés

Serge Sidoine Tchaha Leuko, coñecido como Serge Leuko, nado o 4 de agosto de 1993 en Douala, é un futbolista profesional internacional camerunés, que xoga como lateral no Club Deportivo Lugo de La Liga 2.

Serge Leuko
Información persoal
NomeSerge Sidoine Tchaha Leuko
Nacemento4 de agosto de 1993 (30 anos)
Lugar de nacementoCamerún
Altura1,70 m
PosiciónLateral
Información de club
Club actualLugo
Número2
Carreira xuvenil
2008-2009Mallorca
2009-2010Ciutadella
2010-2011Torre Levante
2011-2012Valencia
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2012–2015Valencia Mestalla69(1)
2015–Lugo45(0)
2015–2016Somozas (ced.)28(1)
Selección nacional
2011Camerún sub-203(0)
2017–Camerún6(0)
Na rede
FIFA: 336797 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 3 de setembro de 2019editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Nado en Douala, aterrou en España no verán de 2008 tras participar en varias ocasiónw en torneos da Fundación Samuel Eto'o. Sería o Real Club Deportivo Mallorca o equipo que se fixa nel para dar o salto aos terreos de xogo. Tras unha tempada no club mallorquí, Leuko xogou no Ciutadella e posteriormente no Torre Levante. Na temporada 2011-12 chega ao Valencia Club de Fútbol para xogar no xuvenil da División de Honra, xusto despois de xogar Mundial Sub-20 de Colombia, onde Leuko xogou 3 dos catro partidos que disputou a selección camerunesa.[1] Co equipo xuvenil gaña o campionato do Grupo VII. Na seguinte temporada o xogador pasa formar parte do Valencia Mestalla, filial do equipo valencianista que milita na Segunda División B, onde permanece tres temporadas. Tras finalizar o seu contrato no equipo valenciano asina por tres temporadas co Club Deportivo Lugo da Segunda División. Tras un primeiro ano cedido á UD Somozas da Segunda División B, onde destaca xogando 28 partidos, a seguinte temporada retorna ao club albivermello. Tras comezar a temporada 2016−17, o 19 de setembro, é chamado pola selección do Camerún, aínda que finalmente é desconvocado. En marzo de 2017, tras facerse co posto no lateral esquerdo do Lugo é de novo chamado pola súa selección, debutando o 28 de marzo na derrota ante Guinea por 1−2.[2]. Leuko converteuse así no primeiro xogador do club lucense en ser internacional mentres era membro do equipo.

Clubs

ClubCategoríaAnoPXGoles
Valencia BSegunda B2012−2013231
Valencia BSegunda B2013−2014200
Valencia BSegunda B2014−2015260
UD SomozasSegunda B2015−2016281

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas