Semuncia

A semuncia (voz latina; en galego: "media onza") foi unha moeda da Antiga Roma de bronce co valor da cuarta parte dunha onza romana ou uncia, ou da vinte e catroava parte dun ás, emitida na época da República.[1][2][3]

Moeda romana dunha semuncia, ca.215-211 a. de C. Anverso: cabeza de Mercurio con pétaso alado, ollando á dereita. Reverso: proa de barco, con ROMA enriba. Peso: 5,1 g. Diámetro: 20 mm.

Semuncia de Roma ca. 217-215 a. de C. Anverso: cabeza feminina torreada e drapeada. Reverso: xinete con látego, coa lenda ROMA embaixo. Diámetro: 20 mm. Peso: 6,08 g.

Previamente á súa amoedación, era tamén unha unidade ponderal, coa mesma equivalencia respecto da uncia e da libra como unidades de peso.[4]

Historia

A existencia desta moeda correspóndese coa segunda parte do século III a. de C., cos primeiros momentos das emisións republicanas de moedas de bronce fundidas, de cuxas series era o valor máis baixo (coa excepción da quartuncia -1/4 de uncia-, que non tivo un carácter regular dentro do sistema monetario).[5][6]

Di Varrón acerca do seu valor:[7]

... semuncia, quod dimidia pars unciae ...)

Ocasionalmente aparece asociada ás marcas Σ ou S nos seus anversos, como indicativa do seu valor.[8]

Os tipos máis comúns dos seus anversos foron a cabeza de Mercurio ou a representación dunha landra; en tanto que na maioría dos seus reversos se amosa un caduceo ou a tradicional proa de barco baixo a lenda ROMA, característica das emisións romanas de bronce desta época.[9] Con todo, tampouco é infrecuente a aparición de motivos diversos.[10]

A semuncia déixase de emitir arredor do ano 210 a. de C., coincidindo coa aparición do denario. Ademais da propia cidade de Roma, foi tamén cuñada en diversas cidades da Península Itálica.[11]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas