Selección de rugby do Canadá

A selección de rugby do Canadá representa ao Canadá nas competicións oficiais de rugby. Actualmente encóntrase no segundo grupo de seleccións internacionais (sendo o seu mellor posto na clasificación de World Rugby o 11º). Trátase dunha das mellores seleccións do continente americano, unicamente superada polo combinado arxentino, o que lle permitiu estar presente en tódalas edicións da Copa do Mundo, sendo a súa mellor participación na edición de 1991, cando o conxunto canadense chegou ata os cuartos de final, nos que caeu fronte a Nova Zelandia por 29 a 13.

Canadá
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)Canucks, Les Rouges
EmblemaFolla do pradairo
UniónRugby Canada
AdestradorKingsley Jones
CapitánTyler Ardron
Mais capsAaron Carpenter (80)
Máis ensaiosDTH van der Merwe (38)
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual22 (2 de decembro de 2019)
Máximo11 (2011)
Mínimo24 (2017)
Estrea internacional
Xapón Xapón 9−8 Canadá Canadá
Osaka, Xapón; 31 de xaneiro de 1932
Maior vitoria
Barbados Barbados 3−71 Canadá
Bridgetown, Barbados; 24 de xuño do 2006
Maior derrota
Inglaterra Inglaterra 70−0 Canadá
Londres; 13 de novembro de 2004
Copa do Mundo
Participacións8 (primeira en 1987)
Mellor resultadoCuartos de final (1991)

Copa do Mundo de Rugby

Participacións do Canadá na Copa do Mundo.

EdiciónOrganizadorPosto
1987 Nova Zelandia e AustraliaFase de grupos
1991 Inglaterra[1]1/4 finalista
1995 SuráfricaFase de grupos
1999 Gales[2]Fase de grupos
2003 AustraliaFase de grupos
2007 Francia[3]Fase de grupos
2011 Nova ZelandiaFase de grupos
2015 Inglaterra[4]Fase de grupos
2019 XapónFase de grupos

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas