Selección de hóckey a patíns masculina de Inglaterra

A selección de hóckey a patíns masculina de Inglaterra é o equipo que representa a Inglaterra nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. Inglaterra foi a gran dominadora do hóckey a patíns mundial nas décadas de 1920 e 1930, conquistando 12 veces consecutivas o Campionato de Europa entre 1926 e 1939, incluídas as edicións de 1936 e 1939, que foron consideradas como o Campionato do Mundo, unha cadea de títulos que ningunha selección foi quen de igualar ata a data. Logo deste período de esplendor, a selección de Inglaterra só conseguiu alzar un título, o do Torneo das Nacións de Montreux de 1950, e non foi ata o ano 2000 cando conseguiu alzar un título, o do Campionato do Mundo "B" disputado en Chatham (Inglaterra), ao impoñerse na final aos Países Baixos, acadando o subcampionato do mesmo torneo catro anos máis tarde en Macau, cando caeu na final con Cataluña por 6 goles a 0.

Inglaterra
Cores do equipoCores do equipoCores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Na casa
Cores do equipoCores do equipoCores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Fóra
FederaciónNational Roller Hockey Association
Confederación:CERH
Adestrador:José Carlos Amaral
Capitán:
Títulos mundiais
Mundial "A"1936 e 1939
Mundial "B"2000

Palmarés

Equipo

Estes foron os xogadores convocados para o Europeo de Wuppertal (Alemaña) de 2010[5]:

NOMEPOSICIÓN
1David GarlickPorteiro
2Ricky JuppDefensa
3Karl SmithDefensa
4Marc WaddinghamDefensa
5Joel De FigueiridoDefensa
6Simon HoskingDianteiro
7James TaylorDianteiro
8Owen StewartDianteiro
9Brendan BarkerDianteiro
10Jamie WilliamsonPorteiro
  • Adestrador: Carlos Amaral

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas