Schenkenschanz
Schenkenschanz é unha poboación alemá, actualmente integrada en Kleve, no estado federado de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña. É coñecida polo seu antigo forte de Schenk ou Skink, que ocupaba unha posición estratéxica na antiga fronteira entre o Sacro Imperio Romano Xermánico e os Países Baixos. Neste lugar o río Rin forma un meandro e sepárase en dous brazos: o principal, chamado Waal, diríxese a Nimega, e o secundario ou vello Rin flúe cara a Arnhem, ao noroeste. O primeiro castelo foi construído polo conde Juan de Cléveris no século XIV,[Cómpre referencia] no extremo do confluente, para controlar o tráfico.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Düsseldorf | ||||
Rural district of North Rhine-Westphalia (en) ![]() | Cleves (pt) ![]() | ||||
District capital (en) ![]() | Kleve ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 47533 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 02821 ![]() | ||||
No século XVI a fortaleza destaca baixo o mando de Maarten Schenck van Nydeggen, militar que traballou en función das circunstancias para España ou para as Provincias Unidas, a través do bestallung, cobrando por cada barco que debía pasar pola fortaleza, durante a Guerra dos Oitenta Anos.[1]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/92/Gerrit_van_Santen_-_Het_beleg_van_Schenckenschans_door_prins_Frederik_Hendrik%2C_april_1636.jpg/400px-Gerrit_van_Santen_-_Het_beleg_van_Schenckenschans_door_prins_Frederik_Hendrik%2C_april_1636.jpg)
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos
- Ducado de Kleve