Satellite Data System

Satellite Data System ou SDS, nome en código Quasar, é unha serie de satélites de comunicacións clasificados que dan servizo a satélites de recoñecemento estadounidenses.[1]

Características

Os satélites SDS sirven de enlace entre satélites de recoñecemento como os KH-11 e as estacións de terra. Tamén serven para ofrecer comunicacións a aeronaves da USAF en rutas polares e a estacións terrestres da Rede de Control Satelital da Forza Aérea (AFSCN). O sistema foi desenvolvido pola Forza Aérea e consta de varias familias de satélites en diferentes órbitas, tanto xeoestacionaria como órbitas elípticas polares, para cubrir todo o globo e latitudes. O nome en código Quasar foi confirmado por unha filtración en 2013.[1]

SDS 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7

Os primeiros sete satélites SDS lanzáronse entre 1976 e 1987, cunha masa duns 628 kg cada un e 12 canais de comunicación dispoñibles. Usaban o bus HS-350 e o reflector da súa antena tiña uns 3 m de diámetro. As células solares de cada satélite producían ata 980 W de potencia.[2]

SDS-2 1, 2, 3 a 4

A segunda xeración de satélites SDS levaban tres antenas e tiñan unha masa duns 3000 kg. Foron deseñados para ser lanzados usando un transbordador espacial, aínda que o cuarto foi lanzado mediante un foguete Titan 4. As células de cada satélite xeraban ata 1238 W de potencia.[3]

SDS-3 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8

A terceira xeración foi lanzada entre 1998 e 2014 e consta de oito unidades con especificacións descoñecidas.[4]

SDS-4 1 e 2

A cuarta xeración de satélites SDS lanzouse entre 2016 e 2017. As especificacións son descoñecidas.[5]

Historial de lanzamentos

Misión[1][2][3][4][5]Data de lanzamento[1][2][3][4][5]Foguete lanzador[1][2][3][4][5]Notas[1][2][3][4][5]
SDS 12 de xuño de 1976Titan 3(34)B Agena-DÉxito
SDS 26 de agosto de 1976Titan 3(34)B Agena-DÉxito
SDS 35 de agosto de 1978Titan 3(34)B Agena-DÉxito
SDS 413 de decembro de 1980Titan 3(34)B Agena-DÉxito
SDS 528 de agosto de 1984Titan 3(34)B Agena-DÉxito
SDS 68 de febreiro de 1985Titan 3(34)B Agena-DÉxito
SDS 712 de febreiro de 1987Titan 3(34)B Agena-DÉxito
SDS-2 18 de agosto de 1989Transbordador espacial ColumbiaÉxito
SDS-2 215 de novembro de 1990Transbordador espacial AtlantisÉxito
SDS-2 32 de decembro de 1992Transbordador espacial DiscoveryÉxito
SDS-2 43 de xullo de 1996Titan 4(05)AÉxito
SDS-3 129 de xaneiro de 1998Atlas 2AÉxito
SDS-3 26 de decembro de 2000Atlas 2ASÉxito
SDS-3 311 de outubro de 2001Atlas 2ASÉxito
SDS-3 431 de agosto de 2004Atlas 2ASÉxito
SDS-3 510 de decembro de 2007Atlas 5Éxito
SDS-3 611 de marzo de 2011Delta 4MÉxito
SDS-3 720 de xuño de 2012Atlas 5Éxito
SDS-3 822 de maio de 2014Atlas 5Éxito
SDS-4 128 de xullo de 2016Atlas 5Éxito
SDS-4 215 de outubro de 2017Atlas 5Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos