Santiago de Compostela Club de Fútbol

equipo galego de fútbol
(Redirección desde «Santiago de Compostela CF»)

O Santiago de Compostela Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 2005 en Santiago de Compostela, e un dos dous principais da cidade. Na actualidade non conta con equipo sénior, só fútbol base.

Santiago de Compostela
NomeSantiago de Compostela Club de Fútbol
Fundación2005
EstadioSanta Isabel,
Santiago de Compostela, Galicia Galicia
PresidenteGalicia Antonio Álvarez Ferreiro
AdestradorGalicia Tono Ínsua
LigaNon compite
2011-1217º
PatrocinadorGerlo (máquinas expendedoras)[1][2]
Titular
Alternativo

Historia

Ten as súas orixes no equipo do CD Santiago Sar, que naceu en 2004 de dous equipos locais, o Rosalía e o AD Colexiata do Sar. Foi o Santiago Sar quen conseguiu o ascenso en 2004-05 á Preferente, categoría onde se mantivo o seu sucesor o Santiago de Compostela ata a tempada 2011-12. Na tempada 2012-13 o club deixa de participar en categoría sénior e mantén só equipos nas categorías inferiores, salientando nesa tempada a participación do equipo xuvenil na División de Honra.

Tempada a tempada

TempadaCategoríaPosto
2005/06Preferente11º
2006/07Preferente11º
2007/08Preferente13º
2008/09Preferente
2009/10Preferente
2010/11Preferente
2011/12Preferente17º

Notas

Véxase tamén