Saguinus bicolor

especie de primate

Saguinus bicolor é unha especie de primate platirrino en perigo de extinción que se atopa nunha zona restrinxida da Amazonía brasileira e os límites da cidade de Manaus, capital de Amazonas estado do Brasil.[2][3] A distribución principal é o río Cueiras e o río Preto. Existen múltiples ameazas para a especie, como a destrución do hábitat e a competencia interespecífica.

Saguinus bicolor
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Primates
Familia:Callitrichidae
Xénero:Saguinus
Especie:S. bicolor
Nome binomial
Saguinus bicolor
(Spix, 1823)
Geographic distribution
Geographic distribution

Geographic distribution

Os individuos viven en grupos de 2 a 15 membros. O tamaño do grupo na reserva Adolpho Ducke é de 4,8 individuos mentres que en arredores de Manaus é de 6,19 individuos. A xestación dura de 140 a 170 días.

É omnívoro, a súa dieta consiste en froitas, flores, néctar, insectos, arañas, pequenos vertebrados e ovos de aves.

Mide de 20,8 a 28,3, sen incluír a cola que mide de 33,5 a 42,0. Os machos pesan 428 gramos. A súa esperanza de vida é de 10 anos no seu hábitat silvestre.

Notas

Véxase tamén