STS-99

misión do transbordador espacial Endeavour

STS-99 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 11 de febreiro de 2000 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-99
Lanzamento da misión STS-99.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento11 de febreiro de 2000, 17:43 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,23 días[6]
Obxectivo da misiónCartografía mediante radar da superficie terrestre.[3][6]
Regreso22 de febreiro de 2000[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID2000-010A

Características

STS-99, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para cartografar ata o 70% da superficie terrestre mediante radar con gran precisión mediante o instrumento 13.600 kg STRM. A tripulación estaba formada polo comandante Kevin R. Kregel, o piloto Dominic L. Pudwill Gorie e os especialistas de misión Janet L. Kavandi, Janice E. Voss, Mamoru Mohri e Gerhard P. J. Thiele.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 22 de febreiro de 2000.[3][5][6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos